Teclas de atallo xerais en LibreOffice

Icona Nota

Algunha tecla de atallo podería estar atribuída ao sistema e non estar dispoñíbel para LibreOffice. Tente atribuír teclas diferentes para LibreOffice, en Ferramentas - Personalizar - Teclas, ou no seu sistema.


Uso das teclas de atallo

Pódese acceder a boa parte das funcionalidades da aplicación a través de teclas de atallo. Por exemplo, as teclas de atallo aparecen a carón da entrada Abrir do menú Ficheiro. Para acceder a esta función, manteña premida a tecla e, a seguir, prema na tecla O. Solte ambas as dúas teclas cando apareza a caixa de diálogo.

Case todas as operacións do aplicativo poden efectuarse co rato ou co teclado indistintamente.

Introducir caracteres de Unicode

Pode introducir calquera carácter Unicode no documento escribindo o códito hexadecimal de Unicode e premento (predeterminado). Escriba a notación hexadecimal de Unicode e prema para alternar entre o carácter Unicode e a súa notación hexadecimal. A selección non é necesaria, mais aplícase a conversión aos caracteres seleccionados. Altérnase nos caracteres anteriores á posición do cursor cando estes caracteres forman un código hexadecimal de Unicode válido. Os códigos hexadecimais cun valor no intervalo U+0000 a U+0020 non se converten.

O atallo de conversión a Unicode predeterminado é e nalgunhas configuración rexionais nas que o atallo predeterminado de Unicode interfire co atallo do menú principal. Para reasignar o atallo, escolla Ferramentas - Personalizar - Teclado e seleccione Categoría:Opcións con Función:Alternar notación Unicode.

Uso das teclas de atallo nas caixas de diálogo de control

Sempre hai un elemento realzado en calquera caixa de diálogo, que aparece normalmente como un marco quebrado. Dise que este elemento, que pode ser un botón, un campo de opción, unha entrada nunha caixa de lista ou unha caixa de opción, ten o foco. Se o elemento co foco é un botón, ao premer Intro execútase como se se premese nel. Unha caixa de opción altérnase premendo a barra espaciadora. Se un campo de opción tivese o foco, empregue as teclas de frecha para cambiar o campo de opción activado nesa área. Empregue a tecla Tab para ir dun elemento ou área á seguinte e empregue Maiús+Tab para ir na dirección inversa.

Ao premer Esc, a caixa de diálogo péchase sen gardar os cambios.

Teclas de atallo para accións do rato

Se estiver a utilizar arrastrar e soltar, seleccionando co rato ou premendo obxectos e nomes, pode empregar as teclas Maiús, e, ocasionalmente, para acceder a funcionalidade adicional. As funcións modificadas dispoñíbeis ao manter premidas as teclas ao arrastrar e soltar indícanse co punteiro do rato, que cambia de forma. Ao seleccionar ficheiros ou outros obxectos, as teclas modificadores poden estender a selección - as funcións explícanse onde se poden aplicar.

Campos prácticos de entrada de texto

  1. Pode abrir un menú de contexto que contén algunha das ordes máis usadas.

  2. Empregue A para seleccionar todo o texto. Empregue as frechas para a dereita ou esquerda para retirar a selección.

  3. Prema dúas veces nunha palabra para seleccionala.

  4. Se preme tres veces nun campo de entrada de texto selecciona todo o campo, se o fai nun documento de texto selecciona a frase completa.

  5. Empregue +Supr para eliminar todo desde a posición do cursor até o final da palabra.

  6. Empegando e a tecla de frecha para a dereita ou para a esquerda, o cursor salta de palabra en palabra; se tamén se mantén premida a tecla Maiús, selecciónanse unha palabra após a outra.

  7. INSERIR emprégase para alternar entre o modo de inserción e o modo de substitución e á inversa.

  8. É posíbel usar a función arrastar e soltar dentro e fóra das caixas de texto.

  9. As teclas de atallo +Z empreǵanse para desfacer as modificacións un paso por vez; o texto volve entón ao estado que tiña antes do primeiro cambio.

  1. O LibreOffice ten unha función de completado automático que se activa ela soa nalgunhas caixas de texto e de lista. Se, por exemplo, introduce no campo de URL, a función de completado automático mostra o primeiro ficheiro ou directorio que se atope que comece pola letra «a» .

  2. Empregue a tecla frecha para abaixo para percorrer outros ficheiros e directorios. Empregue a tecla frecha para a dereita para mostrar tamén un subdirectorio xa exsistente no campo de URL. O completado automático rápido está dispoñíbel ao premer a tecla Fin após inserir parte do URL. Unha vez atopado o documento ou directorio buscado, prema Intro.

Interrupción de macros

Se desexa interromper unha macro en execución, prema +Maiús+Q.

Lista das teclas de atallo xerais de LibreOffice

As teclas de atallo móstranse na parte dereita das listas de menú a carón da orde de menú correspondente.

Teclas de atallo para controlar caixas de diálogo

Teclas de atallo

Efecto

Tecla Intro

Activa o botón enfocado nun diálogo.

Esc

Pecha a acción ou caixa de diálogo. Se está na Axuda de LibreOffice: sobe un nivel.

Barra de espazos

Cambia a caixa de selección enfocada nas caixas de diálogo.

Teclas de frecha

Cambia o campo de control activo nunha sección de opcións das caixas de diálogo.

Tabulación

Focaliza a seguinte sección ou elemento das caixas de diálogo.

Maiús + Tab

Enfoca o elemento ou sección anterior nas caixas de diálogo.

Abre a lista do campo de control seleccionado nese momento nunha caixa de diálogo. Estas teclas de atallo aplícanse non só ás caixas de selección senón tamén aos botóns de iconas con menús despregábeis. Peche unha lista aberta premendo na tecla Esc.


Teclas de atallo para controlar documentos e xanelas

Teclas de atallo

Efecto

Abre un documento.

Garda o documento actual.

Crea un novo documento.

Abre o diálogo Modelos.

Imprime o documento.

Activa a barra de ferramentas Atopar.

Activa a caixa de diálogoLocalizar e substituír.

Busca o último termo de busca inserido.

Debuxa de novo a visualización do documento.

Activa ou desactiva o cursor de selección no texto só de lectura.

Na Axuda de LibreOffice: salta á páxina principal.

Maiús+F2

Activa as suxestións estendidas para a orde, icona ou control seleccionados nese momento.

F6

Pasa o foco á subxanela visíbel seguinte, incluídas as barras de menú, barras de ferramentas e xanelas, como a barra lateral e o Navegador, así como o lenzo e a fonte de datos do documento.

Maiús+F6

Enfoca a subxanela anterior.

+F6

Pasa o foco ao lenzo ou fonte de datos do documento.

F10

Activa o primeiro menú (menú Ficheiro).

Maiús+F10

Abre o menú de contexto.

+Maiús+F10

Encaixa e desencaixa as subxanelas flotantes, tales como barras de ferramentas desbloqueadas, barra lateral e Navegador.

Ctrl+Alt+Maiús+Inicio

Mostra/Agocha o menú principal

+F4 ou +F4

Pecha o documento actual. Pecha o LibreOffice ao pechar o derradeiro documento aberto.

Sae do aplicativo.


Teclas de atallo para editar ou formatar documentos

Teclas de atallo

Efecto

Ao situalo no inicio dunha cabeceira, insírese unha tabulación.

Intro (se foi seleccionado un obxecto OLE)

Activa o obxecto OLE seleccionado.

Intro (se está seleccionado un obxecto de debuxo ou de texto)

Activa o modo de entrada de texto.

Corta os elementos seleccionados.

Copia os elementos seleccionados.

Pega o contido do portapapeis.

Pega texto sen formato do portapapeis. Este texto pégase usando o formato que exista no punto de inserción.

Abre a caixa de diálogo Pegado especial.

Selecciona todo.

Desfai a última acción.

Refai a última acción.

Repite a última orde.

O atributo «cursiva» aplícase á área seleccionada. Se o cursor estiver colocado sobre unha palabra, esta palabra tamén se marca en cursiva.

O atributo «grosa» aplícase á área seleccionada. Se o cursor estiver colocado sobre unha palabra, esta palabra tamén se pon en grosa.

O atributo «subliñado» aplícase á área seleccionada. Se o cursor estiver colocado sobre unha palabra, esta palabra tamén se subliña.

+M

Retira o formato directo do texto ou obxectos seleccionados (igual que con Formato - Limpar formato directo).


Teclas de atallo na Galería

Teclas de atallo

Efecto

Tabulación

Desprazamentos entre áreas.

Maiús + Tab

Móvese para atrás entre áreas.


Teclas de atallo na área Tema novo da Galería:

Teclas de atallo

Efecto

Frecha cara a arriba

Move a selección unha posición cara a arriba.

Frecha cara a abaixo

Move a selección cara a abaixo.

Abre a caixa de diálogo Propiedades.

Maiús+F10

Abre o menú de contexto.

Actualiza o tema seleccionado.

Abre a caixa de diálogo Introducir título.

Elimina o tema seleccionado.

Inserir

Insire un tema novo.


Teclas de atallo na área Vista previa da galería:

Teclas de atallo

Efecto

Inicio

Salta á primeira entrada.

Fin

Salta á última entrada.

Frecha cara á esquerda

Selecciona o seguinte elemento da Galería á esquerda.

Frecha cara á dereita

Selecciona o seguinte elemento da Galería á dereita.

Frecha cara a arriba

Selecciona o seguinte elemento da Galería situado arriba.

Frecha cara a abaixo

Selecciona o seguinte elemento da Galería situado abaixo.

Avanzar páxina

Sobe unha pantalla.

Seguinte páxina cara a abaixo

Baixa unha pantalla.

Insire o obxecto seleccionado no documento actual como obxecto ligado.

Insire unha copia do obxecto seleccionado no documento actual.

Abre a caixa de diálogo Introducir título.

Alterna entre a visualización de temas e a de obxectos.

Barra de espazos

Alterna entre a visualización de temas e a de obxectos.

Intro

Alterna entre a visualización de temas e a de obxectos.

Paso para atrás (só na vista de obxectos).

Retorna á visión xeral principal.


Seleccionar filas e columnas nunha táboa de base de datos (aberta coas teclas +Maiús+F4)

Teclas de atallo

Efecto

Barra de espazos

Alterna a selección de fila, excepto cando a fila está en modo edición.

Alterna a selección de filas.

Maiús+Barra de espazos

Selecciona a columna actual.

Move o punteiro para a primeira fila.

Move o punteiro para a derradeira fila.


Teclas de atallo para obxectos de debuxo

Teclas de atallo

Efecto

Seleccione a barra de ferramentas con F6. Empregue as teclas frecha para abaixo e frecha para a dereita para seleccionar a icona desexada da barra de ferramentas e prema +Intro.

Insire un obxecto de debuxo.

Seleccione o documento con +F6 e prema Tab.

Selecciona un obxecto de debuxo.

Tabulación

Selecciona o seguinte obxecto de debuxo.

Maiús + Tab

Selecciona o obxecto de debuxo anterior.

Selecciona o primeiro obxecto de debuxo.

Selecciona o último obxecto de debuxo.

Esc

Finaliza a selección de obxecto de debuxo.

Esc (en modo selección de identificador)

Sae do modo de selección de guías e retorna ao modo de selección de obxectos.

Frecha cara a arriba/abaixo/dereita/esquerda

Move o punto seleccionado (as funcións de axuste á grade desactívanse temporalmente mais os puntos extremos séguense axustando entre si).

Move o obxecto de debuxo seleccionado un píxel (no Modo de selección).

Muda o tamaño dun obxecto de debuxo (no Modo de selección de agarradoiras).

Rota un obxecto de debuxo (no Modo de rotación).

Abre o diálogo de propiedades dun obxecto de debuxo.

Activa o modo selección de punto para o obxecto de debuxo seleccionado.

Barra de espazos

Selecciona un punto dun obxecto de debuxo (no modo de selección de puntos) / Cancela a selección.

O punto seleccionado pestanexa unha vez por segundo.

Maiús+Barra de espazos

Selecciona un punto adicional no modo de selección de puntos.

Selecciona o punto seguinte do obxecto de debuxo (no modo de selección de puntos).

No modo de Rotación, tamén se pode seleccionar o centro de rotación.

Selecciona o punto anterior do obxecto de debuxo (no modo de selección de puntos)

Sitúase un novo obxecto de debuxo, de tamaño predefinido, no centro da visualización actual.

+Intro na icona Selección.

Activa o primeiro obxecto de debuxo no documento.

Esc

Deixa o modo Selección de puntos. O obxecto de debuxo selecciónase posteriormente.

Edita un punto dun obxecto de debuxo (modo de edición de puntos).

Calquer texto ou tecla numérica

Se está seleccionado un obxecto de debuxo, cambia ao modo edición e sitúa o cursor na fin do texto do obxecto de debuxo. Insírese un carácter imprimíbel.

A posición do centro dos obxectos é fixa

Prema na tecla Maiús ao crear ou escalar un obxecto gráfico

A proporción da largura do obxecto pola altura é fixa.


Precisamos da súa axuda!