Os erros producidos ao escribir destácanse no documento cunha liña de subliñado vermella. Situando o cursor sobre unha palabra así marcada, pódese abrir o seu menú de contexto para obter unha lista de correccións. Seleccione unha das opcións para substituír a palabra. Se durante a edición do documento se produce o mesmo erro, marcarase de novo.
Para colocar o par de palabras na táboa de substitucións de corrección automática, abra o menú de contexto Corrección automática e escolla Corrección automática. Escolla unha opción no submenú. A palabra substitúese e, simultaneamente, o par sitúase na táboa de substitución.