Asistente de caixas de lista: Ligazón de campo

Indica os campos por medio dos cales se ligan as táboas de valores e as táboas de listas.

A táboa de valores é a táboa do formulario actual onde se insire o campo de lista. A táboa de lista é a táboa cuxos datos se van mostrar no campo de lista. Ambas as táboas teñen que ligarse nun campo de datos común. As ligazóns deben introducirse nesta páxina do asistente e os nomes dos campos non teñen que ser necesariamente iguais, aínda que si do mesmo tipo (depende de como se definan nas táboas).

Para acceder a esta orde...

Open Form Controls toolbar, click List Box icon and drag mouse to generate field. Database connection must exist in the form: Wizard - Page 3.


Campo da táboa de valores

Especifica o campo de datos do formulario actual que debe relacionarse cun campo da táboa ligada. Prema tamén no campo de datos desexado no campo de lista de debaixo.

En Control - Propiedades, o campo seleccionado móstrase como entrada de Campo de datos, no separador Datos.

Campo da táboa de lista

Especifica o campo de datos da táboa ligada que está relacionado co campo da táboa de valores especificado. Prema no campo de datos no campo de lista inferior.

En Control - Propiedades, o campo especificado aparece como parte dunha instrución SQL en Contido da lista, no separador Datos.

Precisamos da súa axuda!