Asistente de elementos de táboa

O Asistente de elementos de táboa iníciase automaticamente se insire un control de táboa nun documento. Neste asistente, é posíbel especificar de forma interactiva a información que se debe mostrar no control da táboa.

Para acceder a esta orde...

Abra a barra de ferramentas Controis de formulario, prema na icona Máis controis, despois na icona Control de táboa e finalmente arrastre o rato para xerar un campo.


Icona Nota

Para impedir que o asistente se inicie automaticamente use a icona Activar/Desactivar asistentes.


Asistente de elementos de táboa / caixas de lista / caixas de combinación: Datos

Seleccione a fonte de datos e a táboa a que corresponde o campo do formulario. Se insire o campo de formulario nun documento xa ligado a unha fonte de datos, esta páxina fica invisíbel.

Asistente de elementos de táboa: Selección de campo

Especifica os campos que deben mostrarse no campo de control de táboas.

Cancelar

Premendo en Cancelar péchase a caixa de diálogo sen gardar ningunha alteración.

Volver

Observe a selección realizada na caixa de diálogo anterior. Non se alterou a configuración. Este botón só se poderá activar a partir da páxina dúas.

Seguinte

Prema no botón Seguinte e o asistente usa a configuración do diálogo actual e continúa para o paso seguinte. Se estiver no derradeiro paso, este botón tórnase Crear.

Precisamos da súa axuda!