Xeral

Para acceder a esta orde...

Open context menu of a selected form element - choose Form Properties - General tab.

Open Form Design toolbar, click Form Properties icon - General tab.


Os formularios son documentos de texto ou follas de cálculo con diferentes controis. Os formularios para páxinas web permiten ao usuario introducir datos e os envialos a través internet. Os datos procedentes dos controis dos formularios transmítense ao servidor a través dun URL. Posteriormente, o servidor pode procesar eses datos.

Nome

Especifica o nome do formulario. Ese nome utilízase para identificar o formulario no explorador de formularios.

URL

Especifica o URL a que deben transmitirse os datos do formulario completado.

Marco

Define o marco de destino en que debe apararecer o URL cargado.

Se preme no campo pode seleccionar unha opción da lista que especifique o marco en que se debe cargar o seguinte documento. Dispón das seguintes posibilidades:

Entrada

Significado

_blank

O seguinte documento crearase nun novo marco baleiro.

_parent

O seguinte documento crearase nun marco superior. Se non existe, créase no mesmo marco.

_self

O seguinte documento crearase no mesmo marco.

_top

O seguinte documento crearase nunha xanela de nivel superior, ou sexa, no marco máis alto da xerarquía. Se o marco actual xa é unha xanela superior, o documento créase nel.


Tipo de envío (submit)

Especifica o método para transferir a información do formulario completado.

Utilizando o método "Get", os datos de cada control transmítense como variábeis de ambiente. Anéxanse ao URL coa forma "?Control1=Contido1&Control2=Contido2&...". A cadea de caracteres é analizada por un programa no servidor do destinatario.

Utilizando o método "Post", créase un documento a partir do contido do formulario enviado ao URL especificado.

Codificar envío (submit)

Especifica o tipo de codificación da transferencia de datos.

Transferencia de datos de información de control

Ao enviar un formulario téñense en conta os controis dispoñíbeis en LibreOffice. Transmítense o nome do control e o valor correspondente, se está dispoñíbel.

Os valores que se transmiten en cada caso dependen do respectivo control. Nos campos de texto transmítense as entradas visíbeis, nas caixas de lista as entradas seleccionadas e nas caixas de verificación e campos de opción os valores referenciais asociados se estes campos están activados.

A forma de transmitir esta información depende do método de transferencia seleccionado (Get ou Post) e da codificación (URL ou Multipart). Se selecciona o método Get e a codificación URL, por exemplo, envíanse os pares de valores coa forma <Name>=<Value>.

LibreOffice ofrece outros controis á parte dos recoñecidos en HTML. Debe terse en conta que nos campos cun formato numérico específico non se transmiten os valores visíbeis, senón os formatos predefinidos. A seguinte táboa mostra como se transmiten os datos dos controis específicos de LibreOffice:

Control

Par de valores

Campo numérico, campo monetario

Como separador de decimais utilízase sempre un punto.

Campo de data

A data envíase nun formato fixo (MM-DD-AAAA), independentemente da configuración local do usuario.

Campo de hora

A hora envíase nun formato fixo (HH:MM:SS), independentemente da configuración local do usuario.

Campo de patrón

Os valores dos campos de patrón envíanse como campos de texto, ou sexa, envíase o valor visíbel no formulario.

Control de táboa

As columnas individuais transmítense sempre a partir do control de táboa. Envíanse o nome do control e o nome e o valor da columna. Usando o método Get con codificación URL, a transmisión realízase coa forma <Nome do control de táboa>.<Nome da columna>=<Valor>, por exemplo, se o valor depende da columna.


Precisamos da súa axuda!