Axuda do LibreOffice 26.2
Insire o contido do portapapeis onde se atope o cursor e substitúe calquera texto ou obxectos seleccionados
Nunha folla de cálculo, ao pegar un intervalo de celas do portapapeis, o resultado depende da selección actual: Se só se selecciona unha cela, o intervalo de celas pégase a partir desa cela. Se marca un intervalo de celas máis amplo que o intervalo de celas do portapapeis, o intervalo de celas pégase repetidamente para encher o intervalo de celas seleccionado.
Ao copiar unha cela ou un intervalo no Calc do LibreOffice a selección márcase con liñas descontinuas intermitentes ao redor do intervalo (as «formigas marchando») para indicar o que se estaba seleccionando durante a operación do portapapeis.

Hai dous xeitos de pegar o contido do portapapeis nun documento de folla de cálculo:
Mediante o atallo OrdeCtrl+V, a icona Pegar da barra de ferramentas ou mediante Editar - Pegar: o contido do portapapeis pégase na localización de destino e o portapapeis conserva o contido para máis operacións de pegado. A marca de selección copiada permanece activa.
Mediante a tecla Intro: o contido do portapapeis pégase unha vez e bórrase. Non é posíbel pegar máis veces o contido do portapapeis. A marca de selección copiada desactívase.
Para desactivar a marca de selección copiada prema a tecla Esc. O contido do portapapeis non se borra.
LibreOffice tamén admite o portapapeis en Unix; porén, debe empregar as ordes de LibreOffice, como Ctrl+C.
