Abrir

Garda o documento actual cun nome e formato diferentes no sitio que especifique.

Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Choose File - Export.

From the tabbed interface:

Choose File - Export.

From toolbars:

Icon Export

Export


tip

A diferenza de Gardar como, a orde Exportar escribe unha copia do documento actual nun ficheiro novo co formato escollido mais mantén o documento e formato actuais abertos na sesión.


A orde Exportar abre o selector de ficheiros do sistema, desde o que se poden introducir o nome e formato do ficheiro exportado.

As caixas de diálogo de ficheiros - como Abrir, Gardar como e semellantes - están dispoñíbeis de dous xeitos distintos:

Empregue - LibreOffice - Xeral para trocar entre unhas e outras.

Selección de cartafoles

Escolla o seu cartafol preferido na lista despregábel ou escriba o nome da súa ruta. Pódese empregar a función Autocompletar para facilitar a escrita.

Conéctese a un servidor empregando a caixa de diálogo Servizos de ficheiro.
Seleccione un cartafol pai na ruta do cartafol con Icona Abrir.

Engada un subcartafol ao cartafol actual con Crear novo cartafol.

Nome de ficheiro

Introduza un nome de ficheiro ou ruta para o ficheiro. Tamén pode introducir un URL

Formato de ficheiro

Seleccione o formato de ficheiro para o documento que quere gardar. Nesa área só se mostran os documentos dese tipo de ficheiro. Os tipos de ficheiro están escritos en Información sobre os filtros de importación e exportación.

Extensión automática do nome do ficheiro

Aplica o formato Open Document Format (ODF) se está seleccionado.

Selección

Exporta só os obxectos gráficos seleccionados no Draw e Impress do LibreOffice noutro formato. Se esta opción non estiver marcada, expórtase o documento enteiro.

note

Se exporta a calquera tipo de ficheiro de documento, expórtase todo o documento.


Exportar

Garda o ficheiro.

Precisamos da súa axuda!