Axuda do LibreOffice 25.8
Definir as opcións de formato de papel.
Mostra a distancia entre os bordos esquerdos de etiquetas adxacentes en tarxetas de visita. Se vai definir un formato personalizado, introduza aquí un valor.
Mostra a distancia entre os bordos superiores das etiquetas ou tarxetas de visita adxacentes. Se está a definir un formato personalizado introduza un valor aqui.
Mostra a largura da etiqueta ou da tarxeta de visita. Se vai definir un formato personalizado, introduza aquí un valor.
Mostra a altura da etiqueta ou da tarxeta de visita. Se vai definir un formato personalizado, introduza aquí un valor.
Mostra a altura desde o bordo esquerdo da páxina ao bordo esquerdo da primeira etiqueta ou tarxeta de visita. Se vai definir un formato personalizado, introduza aquí un valor.
Mostra a altura desde o bordo superior da páxina ao bordo superior da primeira etiqueta ou tarxeta de visita. Se vai definir un formato personalizado, introduza aquí un valor.
Introduza o número de etiquetas ou de tarxetas de visita que desexen que ocupen o largo da páxina.
Introduza o número de etiquetas ou de tarxetas de visita que desexen que ocupen a altura da páxina.
Mostra a largura do formato de papel seleccionado. Para definir un formato personalizado, introduza unha largura aquí.
Mostra a algura do formato de papel seleccionado. Para definir un formato personalizado, introduza unha altura aquí.
Garda o formato da etiqueta ou tarxeta de visita actual.
Introduza ou seleccione a marca que desexe.
Introduza ou seleccione un tipo de etiqueta.