Información sobre filtros de importación e exportación

Alén dos seus propios formatos XML, o LibreOffice permite abrir e gardar moitos formatos XML externos.

Nalgúns casos, talvez precise de introducir manualmente o tipo de ficheiro na caixa de diálogo Abrir. Por exemplo, se quere abrir a táboa dunha base de datos en formato de texto como táboa de base de datos, terá que especificar o tipo de ficheiro "Texto CSV" despois de seleccionalo.

BASIC Macros in Microsoft Office Documents

En - Cargar/Gardar - Propiedades de VBA é posíbel indicar a configuración dos códigos das macros en VBA nos documentos do Office da Microsoft. As macros en VBA non poden seren executados no LibreOffice; primeiro han de ser convertidos e adaptados. Normalmente só hai que usar o LibreOffice para cambiar o contido visíbel dun ficheiro de Word, Excel ou PowerPoint e gravar despois o ficheiro de novo no formato do Office da Microsoft sen cambiar as macros que conteñen. Pode configurar o comportamento do LibreOffice como desexe: Ou que as macros en VBA se garden en forma comentada como subrutina do LibreOffice e que cando o documento se garde no formato do Office da Microsoft se escriban de maneira correcta de novo ou que as macros do Office da Microsoft se retiren ao cargar. Esta última opción é unha protección efectiva contra os virus dos documentos do Office da Microsoft.

Notas sobre formatos externos e tipos de ficheiros

Mesmo non estando instalados, algúns filtros poden ser seleccionados nas caixas de diálogo Abrir e Gardar. Se selecciona un deses filtros, mostrarase unha mensaxe dicindo que aínda o pode instalar se o necesita.

Icona Suxestión

O filtro Texto codificado axúdao a abrir e gardar documentos de texto con outra codificación de tipo de letra. Este filtro abre unha caixa de diálogo que fai posíbel a selección do conxunto de caracteres, de tipos de letra predefinidos, idioma e quebra de parágrafos.


Importación e exportación en formato HTML

LibreOffice Writer permite inserir notas ao pé de páxina e ao final dun documento HTML. As notas expórtaas como etiquetas meta e os caracteres que as compoñen como hiperligazóns.

Os comentarios empréganse para incluír caracteres descoñecidos nun documento en HTML. Toda nota que comece por «HTML:...» e remate por ">" é tratada como código HTML mais expórtase sen esas designacións. Pódense incluír diversas etiquetas arredor do texto a continuación de "HTML:..." Os caracteres acentuados convértense ao conxunto de caracteres ANSI. Os comentarios créanse durante a importación (por exemplo, para meta-etiquetas que non teñen sitio nas propiedades do ficheiro ou para etiquetas descoñecidas).

A importación HTML de LibreOffice Writer le ficheiros con codificacións de caracteres UTF-8 ou UCS2. Por tanto, é posíbel exhibir calquera carácter do conxunto de caracteres ANSI ou do sistema.

Ao exportar a HTML emprégase o conxunto de caracteres seleccionado en - Cargar/Gardar - Compatibilidade con HTML. Os caracteres que non estean presentes escríbense en forma substituta, que se mostra correctamente nos navegadores web modernos. Ao exportar eses caracteres vostede recibirá un aviso relacionado.

If, in - Load/Save - HTML Compatibility, you select Mozilla Firefox or LibreOffice Writer as the export option, upon export all important font attributes are exported as direct attributes (for example, text color, font size, bold, italic, and so on) in CSS1 styles. (CSS stands for Cascading Style Sheets.) Importing is also carried out according to this standard.

A propiedade «tipo de letra» corresponde co Firefox da Mozilla; isto é, antes do tamaño do tipo de letra pódense indicar valores opcionais de «font-style» (cursiva, ningún), «font-variant» (normal, versaletas) e «font-weight» (normal, grosa).

If LibreOffice Writer are set as the export option, the sizes of the control field and their internal margins are exported as styles (print formats). CSS1 size properties are based on "width" and "height" values. The "Margin" property is used to set equal margins on all sides of the page. To allow different margins, the "Margin-Left", "Margin-Right", "Margin-Top" and "Margin-Bottom" properties are used.

The distances of graphics and Plug-Ins to the content can be set individually for export to LibreOffice Writer. If the top/bottom or right/left margin is set differently, the distances are exported in a "STYLE" option for the corresponding tag as CSS1 size properties "Margin-Top", "Margin-Bottom", "Margin-Left" and "Margin-Right".

Frames are supported with the use of CSS1 extensions for absolute positioned objects. This applies only to the export options Mozilla Firefox and LibreOffice Writer. Frames can be aligned as graphics, and Floating Frames, but character-linked frames are not possible.

Frames are exported as "<SPAN>" or "<DIV>" tags if they do not contain columns. If they do contain columns then they are exported as "<MULTICOL>".

A unidade de medida definida en LibreOffice emprégase para as propiedades de CSS1 da exportación a HTML. A unidade pode ser definida por separado para os documentos de texto e HTML en - Writer do LibreOffice - Xeral ou - LibreOffice Writer/Web - Ver. O número de decimais exportados depende da unidade.

Unidade de medida

Nome da unidade de medida na CSS1

Número máximo de decimais

Milímetro

mm

2

Centímetro

cm

2

Polgada

pol

2

Pica

pi

2

Punto

pt

1


O filtro de páxinas web do LibreOffice admite algunhas capacidades de CSS2. Porén, para usalo hai que activar a exportación da disposición de impresión en - Cargar/Gravar - Compatibilidade con HTML.

Importación e exportación de numeración

If, in - Load/Save - HTML Compatibility, the export option "LibreOffice Writer" is selected, the indents of numberings are exported as "margin-left" CSS1 property in the STYLE attribute of the <OL> and <UL> tags. The property indicates the difference relative to the indent of the next higher level.

As sangrías de parágrafo á esquerda na numeración indícanse como propiedade "Marxe-Esquerda" da CSS1. As sangrías de primeira liña ignóranse e non se exportan.

Importación e exportación de ficheiros de folla de cálculo

LibreOffice importa e exporta referencias a seccións excluídas como, por exemplo, unha columna a que se facía referencia. Durante o proceso de exportación pódese ver a fórmula global e a referencia excluída contén unha indicación (#REF!) sobre a referencia. Durante a importación créase unha #REF! en correspondencia coa referencia.

Importación e exportación de ficheiros gráficos

Como nos documentos HTML, para abrir un ficheiro gráfico de LibreOffice pódese escoller utilizar un filtro co elemento LibreOffice Impress no nome ou sen el. Sen o elemento, o ficheiro ábrese como documento de LibreOffice Draw. Con el, o ficheiro, gardado nunha versión antiga do programa, ábrese en LibreOffice Impress.

Cando se importa un ficheiro EPS, móstrase no documento unha previsualización da imaxe. Se a previsualización non está dispoñíbel, móstrase un marcador proporcional ao tamaño da imaxe. En Unix e Microsoft Windows pódese imprimir o ficheiro importado empregando unha impresora PostScript. Durante a exportación de imaxes EPS, créase unha previsualización no formato TIFF ou EPSI. Cando se exporta unha imaxe EPS xunto con outras imaxes no formato EPS, ese ficheiro incorpórase sen alteracións ao novo ficheiro.

Permítense TIFFs de varias páxinas cando se importan ou exportan imaxes en formato TIFF. As imaxes recupéranse como conxunto de imaxes individuais nun único ficheiro como, por exemplo, cada páxina dun fax.

Pódese acceder a algunhas opcións do Draw do LibreOffice Draw do Impress do LibreOffice a través de Ficheiro - Exportar. Vexa Opcións de exportacións de gráficos para máis información.

PostScript

Para exportar un documento ou imaxe no formato PostScript:

  1. Se aínda non o fixo, instale un controlador de impresora PostScript como, por exemplo, o Apple LaserWriter.

  2. Imprima o documento coa orde de menú Ficheiro - Imprimir.

  3. Seleccione a impresora PostScript na caixa de diálogo e marque a caixa de verificación Imprimir no ficheiro. Crearase un ficheiro PostScript.

Precisamos da súa axuda!