Axuda do LibreOffice 25.2
Corta o obxecto seleccionado e almacénao no portapapeis. O obxecto pódese reinserir desde o portapapeis empregando Pegar.
Insire no documento o elemento que moveu para o portapapeis. Esta orde só é operativo cando o contido do portapapeis se pode inserir na posición actual do cursor.
Inserts the selected object into the current document.
Insire a imaxe seleccionada como fondo. Utilice as ordes de submenú Páxina ou Parágrafo para definir se a imaxe debe cubrir a páxina toda ou só o parágrafo.
Copia no portapapeis o elemento seleccionado.
Elimina a selección actual. De haber varios obxectos seleccionados, elimínanse todos. Na maioría dos casos aparece unha pregunta de confirmación antes de eliminar os obxectos.
Segundo o contexto, o obxecto elimínase fisicamente do portador de datos ou soamente a visualización do mesmo.
Se escolle Eliminar mentres está na galería, a entrada será eliminada, mais o ficheiro en si permanecerá intacto.
Use a orde Abrir para abrir o obxecto seleccionado nunha nova tarefa.
Habilita un obxecto seleccionado para renomealo. Unha vez escollida a función Renomear, o nome selecciónase e pódese introducir un novo directamente. Use as frechas do teclado para colocar o cursor no inicio ou no final do nome para eliminar ou engadir parte dese nome ou para resituar o cursor.
Actualiza a visualización da xanela ou do obxecto seleccionado.
O elemento seleccionado móstrase na galeria no tamaño máximo. Prema dúas veces na visualización para volver á exhibición normal da galería.
Esta orde pode ser activado cando se selecciona un obxecto. Créase directamente unha ligazón chamada "Ligar a xxx" (xxx representa o nome do obxecto) no mesmo cartafol do obxecto seleccionado.