Flosarios de termos da internet

Se aínda non ten experiencia na Internet, encontrará algúns termos con que non está familiarizado: explorador, marcador, correo electrónico, páxina principal, motor de busca e moitos outros. Para facilitar os primeiros pasos, este glosario explica algúns dos termos máis importantes que encontrará na Internet, na intranet, no correo electrónico e nas novas.

CMIS

O estándar Servizos de interoperabilidade da xestión de contidos (CMIS) define un modelo de domino e servizos web e asociacións Restful AtomPub que permiten maior interoperabilidade dos sistemas de xestión de contidos para empresas (ECM). CMIS emprega interfaces de servizos web e Web 2.0 para permitir compartir información rica entre protocolos de Internet en formatos neutrais, entre sistemas de documentos, sistemas de publicación e repositorios, dentro dunha empresa e entre compañías.

EPUB

EPUB é un estándar para ficheiros de libros electrónicos coa extensión .epub que poden ser descargados e lidos en dispositivos como teléfonos intelixentes, tabletas, computadores ou lectores de libros electrónicos.

EPUB é un estándar técnico publicado agora polo Grupo de publicacións do W3C. EPUB é un formato popular porque é aberto e está baseado en HTML.

Unha publicación en EPUB entrégase como un ficheiro único que é un arquivo comprimido con zip e sen cifrar que contén un sitio web. Inclúe ficheiros en HTML, imaxes, follas de estilo CSS e outros fondos, como metadatos, multimedia e interactividade.

Etiquetas

As páxinas en HTML conteñen un tipo de instrucións estruturais e de formatado denominadas etiquetas. As etiquetas son palabras de código inseridas entre os sinais de maior e menor na linguaxe HTML de descrición do documento. Moitas etiquetas conteñen texto ou referencias a hiperligazóns entre os referidos sinais. Por exemplo, os títulos identifícanse coa etiqueta <h1> no inicio do título e con </h1> no final. Algunhas etiquetas aparecen soas, como <br>, que indica quebra de liña, ou <img ...>, que indica ligazón a unha imaxe.

FTP

FTP son as siglas de File Transfer Protocol, o protocolo estándar para a transferencia de ficheiros na internet. Un servidor FTP é un programa que, nun computador conectado á internet, almacena os ficheiros aínda non transmitidos por medio do FTP. O FTP é responsábel da transmisión e descarga de ficheiros da Internet, mentres que o HTTP (Hypertext Transfer Protocol) permite configurar a conexión e transferir datos entre os servidores e clientes WWW.

HTML

HTML (Hypertext Markup Language) é unha linguaxe de código de documento utilizada como formato de ficheiro para documentos WWW. Deriva da SGML e integra texto, elementos gráficos, vídeos e son.

Se desexa escribir ordes de HTML directamente, por exemplo ao facer exercicios dun dos moitos libros de HTML dispoñíbeis, lembre que as páxinas en HTML son ficheiros de texto puros. Grave o documento co tipo de documento Texto e déalle a extensión de nome de ficheiro .HTML. Asegúrese de que non conteña acentos nin ningún outro carácter especial do conxunto de caracteres estendidos. Se desexa reabrir este ficheiro en LibreOffice e editar o código HTML tenno que cargar co tipo de ficheiro Text e non co tipo de ficheiro Páxinas web.

Na internet existen moitas páxinas que fornecen unha introdución á linguaxe HTML.

HTTP

O HTTP (Hypertext Transfer Protocol) consiste nun rexistro de transmisión de documentos WWW entre servidores WWW (hosts) e exploradores (clients).

Hiperligazón

As hiperligazóns son referencias cruzadas, realzadas no texto por medio de cores, que se poden activar premendo no rato. A través delas, os usuarios poden acceder a información específica dentro dun documento, así como a información relacionada noutros documentos.

No LibreOffice pódense asingar hiperligazóns a texto, a imaxes e a marcos de texto (Vexa a icona da caixa de diálogo Hiperligazón na barra Estándar).

Java

A linguaxe de programación Java é unha linguaxe de programación independente da plataforma que se axeita especialmente ben a ser usada na Internet. As páxinas web e as aplicacións programadas con ficheiros de clases de Java só pódense usar en todos os sistemas operativos modernos. Os programas que usan a linguaxe de programación Java desenvólvense normalmente nunha contorna de desenvolvemento de Java e despois compílanse en «byte code».

Mapa de imaxe

Un mapa de imaxe é un gráfico ou marco sensíbel a referencias. Pódese premer en determinadas áreas do gráfico ou moldura para acceder a un destino URL) asociado á área. As áreas de referencia, xunto cos URL asociados e o texto correspondente que se mostrar ao colocar o punteiro do rato sobre esas áreas, defínense no Editor de mapas de imaxe.

Existen dous tipos diferentes de mapas de imaxe. O mapa de imaxe de cliente avalíase no computador cliente que cargou a imaxe da internet, mentres que o mapa de imaxe de servidor se avalía no computador servidor que fornece a páxina HTML na internet. Na avaliación realizada no servidor, premendo no mapa de imaxe, envíanse as coordenadas relativas do cursor de dentro da imaxe ao servidor e un programa destinado a ese efecto responde. Na avaliación realizada no cliente, premendo nun punto activo do mapa de imaxe, actívase o URL como se se tratase dunha ligazón de texto normal. O URL aparece debaixo do apuntador do rato cando o usuario pasa o cursor sobre o mapa de imaxe.

Como os mapas de imaxe se poden usar de formas moi diversas, tamén é posíbel almacenalos con diferentes formatos.

Formatos de mapas de imaxe

Os mapas de imaxe divídense basicamente en dous grupos: os analizados no servidor (ou sexa, o seu provedor da internet) e os analizados no explorador da web do computador do usuario.

Mapa de imaxe de cliente

A zona da imaxe ou marco na que pode premer o lector indícase coa aparición do URL ligado ao pasar o rato por riba da zona. O mapa de imaxes almacénase nunha capa por debaixo da imaxe e contén información sobre as rexións ás que se fai referencia. A única desvantaxe dos mapas de imaxes do lado do cliente é que os navegadores web máis antigos non as poden ler; unha desvantaxe, porén, que ha desaparecer co tempo.

Ao gardar o mapa de imaxe seleccione o tipo de ficheiro SIP — Mapa de imaxes de StarView. Isto garda o mapa de imaxes directamente nun formato que pode ser aplicada a todas as imaxes ou marcos do documento activos. Porén, se só pretende usar o mapa de imaxes coa imaxe ou o marco de texto actuais non o terá que gardar en ningún formato especial. Logo de definir as rexións, simplemente prema en Aplicar. Non fai falta máis. Os mapas de imaxes do lado do cliente gardados no formato HTML insírense directamente no código HTML da páxina.

Mapas de imaxe de servidor

Os mapas de imaxe de servidor móstranse na páxina en forma de imaxe ou marco. Prema no mapa de imaxe co rato para enviar as coordenadas da posición relativa ao servidor. Coa axuda dun programa extra, o servidor determinará o paso seguinte. Hai varios métodos incompatíbeis para definir este proceso. Os dous máis comúns son:

O LibreOffice crea mapas de imaxes para ambos os dous métodos. Seleccione o formato da lista Tipo de ficheiro do diálogo Gardar como do Editor de mapas de imaxes. Créase ficheiros de mapas separados que hai que enviar ao servidor. Haberá que lle preguntar ao fornecedor de acceso á web ou á administración da rede que tipo de mapas de imaxes admite o servidor e como acceder ao programa de avaliación.

Marcos

Os marcos son útiles para deseñar a disposición das páxinas en HTML. O LibreOffice emprega marcos flutuantes nos que se poden colocar obxectos tais como gráficas, ficheiros de películas e de son. O menú de contexto dun marco mostra as opcións para restaurar ou editar o contido dos marcos. Algunhas destas ordes aparecen tamén enumeradas en Editar - Obxecto ao seleccionar o marco.

Motores de busca

O motor de busca é un servizo da internet, baseado nun programa de software, usado para explorar un volume importante de información usando palabras chave.

Proxy

Un proxy é un computador da rede que actúa como unha especie de portapapeis para a transferencia de datos. Ao acceder á Internet desde unha rede corporativa e solicitar unha páxina web que xa fose lida por un compañeiro, o proxy poderá mostrar a páxina moito máis rapidamente se a ten aínda na memoria. O único que hai que comprobar neste caso é que a páxina almacenada no proxy sexa a versión máis recente. De ser o caso, non haberá que descargar a páxina desde a conexión máis lenta á Internet, senón directamente desde o proxy.

SGML

SGML significa «Linguaxe de marcas estándar xeneralizada». SGML baséase na idea de que os documentos teñen elementos estruturais e semánticos que poden ser descritos sen referencia a como se deben mostrar eses elementos. Como se mostre realmente ese documento pode variar dependendo do medio de saída e das preferencias de estilo. Nos textos estruturados, SGML non só define estruturas (na DTD, Definición de tipo de documento), senón que tamén se asegura de que se empregan de maneira consistente.

HTML é unha aplicación especializada de SGML. Isto significa que a maioría dos navegadores web admiten só un rango limitado de estándares de SGML e que case todos os sistemas que admiten SGML poden producir páxinas atractivas en HTML.

URL

O Localizador Uniforme de Recursos (URL) mostra o enderezo dun documento ou servidor da Internet. A estrutura xeral dun URL varía dependendo do tipo e normalmente ten a forma Servizo://Servidor:Porto/Ruta/Páxina#Marca, aínda que non se requiren todos os elementos. Un URL pode ser un enderezo de FTP, un enderezo WWW (HTTP), o enderezo dun ficheiro ou un enderezo de correo.

WebDAV

Abreviatura de «creación e versións distribuídas baseadas na web», é un conxunto estándar de extensións de HTTP independentes da plataforma da IETF que permite que os usuarios editen e xestionen ficheiros de maneira colaborativa en servidores web remotos. WebDAV conta con propiedades XML sobre os metadatos, bloqueo - o que permite que os autores escriban sobre os cambios dos demais - manipulación de espazos de nomes e xestión de ficheiros remotos. Ás veces WebDav coñécese como DAV.

Precisamos da súa axuda!