Axuda do LibreOffice 24.8
LibreOffice Draw permite crear debuxos simples e complexos e exportalos en diversos formatos de imaxe. Tamén pode inserir nos seus debuxos táboas, gráficas, fórmulas e outros elementos creados en programas de LibreOffice.
LibreOffice Draw crea gráficos vectoriais utilizando liñas e curvas definidas con vectores matemáticos. Os vectores describen liñas, elipses e polígonos, de acordo coa xeometría de cada forma.
En LibreOffice Draw pode crear obxectos 3D simples (como cubos, esferas e cilindros), así como modificar a súa fonte de luz.
As grades e guías fornecen un auxilio visual para axudalo a aliñar obxectos no debuxo. Tamén pode aliñar obxectos a unha liña da grade, a unha guía ou ao bordo doutro obxecto.
Para mostrar a relación entre obxectos, pode conectalos no Draw do LibreOffice utilizando liñas especiais chamadas «conectores». Estas liñas anéxanse aos puntos de pegado en obxectos de debuxo e permanecen unidas durante o desprazamento dos obxectos conectados. Os conectores son útiles para crear organigramas e diagramas técnicos.
Os diagramas técnicos mostran frecuentemente as dimensións dos obxectos no debuxo. En LibreOffice Draw pode utilizar liñas de dimensión para calcular e mostrar dimensións lineais.
A Galería contén imaxes, animacións, sons e outros elementos que pode inserir e utilizar en debuxos e noutros programas de LibreOffice.
LibreOffice Draw pode exportar en múltiplos formatos gráficos de ficheiros, como BMP, GIF, JPG, e PNG.