Barra Debuxo

A barra Debuxo contén as principais ferramentas de debuxo.

Selección

Permite escoller obxectos do documento actual.

Icon

Selección

Cor da liña

Define a cor da liña do obxecto seleccionado.

Icon Line Color

Cor da liña

Cor de recheo

Define a cor de enchido do obxecto seleccionado.

Icon Area

Área

Liña

Debuxa unha liña recta ao arrastrar o rato no documento. Para restrinxir a liña a 45 graos, manteña premida a tecla Maiús ao arrastrar.

Icona Liña

Liña

Rectángulo

Debuxa un rectángulo cheo no lugar onde arrastre o apuntador. Prema no lugar onde desexe colocar un canto do rectángulo e arrastre ata atinxir o tamaño desexado. Para debuxar un cadrado, manteña premida a tecla Maiús mentres arrastra.

Icona Rectángulo

Rectángulo

Elipse

Debuxa unha forma oval chea no lugar onde arrastre o apuntador. Prema no lugar onde desexe debuxar a forma oval e arrastre ata atinxir o tamaño desexado. Para debuxar un círculo, manteña premida a tecla Maiús mentres arrastra.

Icona Elipse

Elipse

Liñas e frechas

Abra a barra de ferramentasLiñas e frechas, desde a que pode engadir liñas rectas, liñas con frechas e liñas de dimensión á páxina actual.

Curvas e polígonos

A icona Curvas e polígonos da barra Debuxo abre a barra de ferramentas Liñas, desde a que se poden engadir liñas e formas á diapositiva.

Icona Curva

Curva

Conectores

Icona Conector

Conector

Abra a barra de ferramentas Conectores, onde pode engadir conectores aos obxectos da diapositiva. Os conectores son liñas que unen obxectos e continúan anexada aos obxectos ao movelos. Se copia un obxecto cun conector, o conector tamén se copia.

Formas básicas

Abre a barra de ferramentas Formas básicas, que permite inserir imaxes no documento.

Icon Basic shapes

Formas básicas

Símbolos

Abre a barra de ferramentas Símbolos, que permite inserir imaxes no documento.

Icon Symbol Shapes

Símbolos

Frechas largas

Abre a barra de ferramentas Frechas largas, que permite inserir imaxes no documento.

Icon Block arrows

Frechas largas

Fluxograma

Abre a barra de ferramentas Frechas largas, que permite inserir imaxes no documento.

Icon Flowcharts

Fluxogramas

Textos explicativos

Abre a barra de ferramentas Textos explicativos, que permite inserir elementos gráficos no documento.

Icon Callouts

Textos explicativos

Estrelas e faixas

Abre a barra de ferramentas Símbolos, que permite inserir imaxes no documento.

Icon Stars

Estrelas

Obxectos 3D

Abre a barra de ferramentas Obxectos 3D. Os obxectos son tridimensionais, con profundidade, iluminación e reflexión. Cada obxecto inserido forma inicialmente unha escena en 3D. Pode premer F3 para entrar na escena. Para estes obxectos en 3D pódese abrir a caixa de diálogo Efectos 3D para editar as propiedades.

Icona Obxectos 3D

Obxectos en 3D

Precisamos da súa axuda!