Debuxa un rectángulo cheo no lugar onde arrastre o apuntador. Prema no lugar onde desexe colocar un canto do rectángulo e arrastre ata atinxir o tamaño desexado. Para debuxar un cadrado, manteña premida a tecla Maiús mentres arrastra.
Debuxa unha forma oval chea no lugar onde arrastre o apuntador. Prema no lugar onde desexe debuxar a forma oval e arrastre ata atinxir o tamaño desexado. Para debuxar un círculo, manteña premida a tecla Maiús mentres arrastra.
Abra a barra de ferramentas Conectores, onde pode engadir conectores aos obxectos da diapositiva. Os conectores son liñas que unen obxectos e continúan anexada aos obxectos ao movelos. Se copia un obxecto cun conector, o conector tamén se copia.
Abre a barra de ferramentas Obxectos 3D. Os obxectos son tridimensionais, con profundidade, iluminación e reflexión. Cada obxecto inserido forma inicialmente unha escena en 3D. Pode premer F3 para entrar na escena. Para estes obxectos en 3D pódese abrir a caixa de diálogo Efectos 3D para editar as propiedades.