Axuda do LibreOffice 7.3
A seguinte é unha descrición dos menús, submenús e caixas de diálogo de LibreOffice Draw.
A xanela do documento en que desexa traballar debe estar seleccionada para poder usar as ordes de menú. Da mesma forma, é necesario seleccionar un obxecto do documento para poder usar as ordes de menú asociados a ese obxecto.
Os menús son sensíbeis ao contexto, o que significa que é posíbel acceder aos elementos de ditos menús que teñen relevancia para a tarefa desenvolvida. Se o cursor está situado nun texto, estarán dispoñíbeis todos os elementos necesarios para a edición do texto. Se se seleccionan imaxes, veranse todos os elementos do menú que poden ser usados para a edición de imaxes.
Este menú contén ordes xerais para traballar con documentos de Draw, como abrir, pechar e imprimir. Para pechar o Draw do LibreOffice, prema en Saír.
As ordes deste menú utilízanse para editar os documentos do Draw (por exemplo, copiar e pegar).
Este menú fornece ferramentas do Draw do LibreOffice, así como acceso á configuración de idioma e sistema.