Axuda do LibreOffice 25.2
Existen varios tipos de texto que pode engadir a un debuxo ou presentación:
Texto nunha caixa de texto
Texto que muda de tamaño de carácter para encher o tamaño do marco
Texto que se engade a calquera obxecto de debuxo premendo dúas veces nel
Texto que se copia a partir dun documento de Writer
Texto que se insire a partir dun documento de texto ou un documento HTML
Prema na icona Texto e mova o punteiro do rato para onde desexa introducir a caixa de texto.
Arraste unha caixa de texto ata o tamaño que quere ter no seu documento.
Escriba ou pegue o seu texto dentro da caixa de texto.
Prema dúas veces no texto para editalo ou para formatar as propiedades do texto, tales como o tamaño ou a cor do tipo de letra. Prema no bordo da caixa de texto para editar as propiedades do obxecto, tales como a cor do bordo ou a posición do obxecto á fronte ou detrás doutros obxectos.
Crea unha caixa de texto tal como se describe nos pasos anteriores.
Co obxecto de texto seleccionado, escolla Formato - Texto. Ábrese a caixa de diálogo Texto.
Na lapela Texto, desmarque a caixa de verificación Axustar altura ao texto e marque a caixa Axustar ao marco. Prema en Aceptar.
Agora pode redimensionar a caixa de texto para cambiar o tamaño e a forma dos caracteres de texto.
Pode engadir texto a calquera gráfico despois de facer un clic duplo nel.
Para determinar a posición do texto, utilice a configuración en Formato - Texto.
Por exemplo, prema na frecha que hai ao lado da icona de textos explicativos para abrir a barra de ferramentas
Seleccione un texto explicativo e mova o apuntador do rato ao lugar onde quere iniciar o texto.
Arrastre para debuxar o texto explicativo.
Introduza o texto.
Seleccione o texto no documento de Writer.
Copie o texto no portapapeis (Editar - Copiar).
Prema na páxina ou na diapositiva en que desexa pegar o texto.
Pegue o texto usando Editar - Pegar ou Editar - Pegado especial.
Utilizando a opción Pegado especial pode escoller o formato do texto que desexa pegar. Dependendo dos formatos pode copiar outros atributos de texto.
Prema na páxina ou diapositiva onde desexa importar o texto.
Escolla Inserir - Ficheiro.
Seleccione un ficheiro de texto (*.txt) ou un ficheiro HTML e prema en Inserir. Ábrese a caixa de diálogo Inserir texto. Prema en Aceptar para inserir o texto.