Sobre as capas

As capas permiten reunir nunha páxina elementos relacionados. Pode considerar as capas como espazos de traballo individuais que se poden agochar, non imprimir ou bloquear.

As capas non determinan a orde de amontoamento dos obxectos na páxina, excepto no caso da capa Controis, que sempre está diante das demais capas.

A orde de amontoamento dos obxectos da páxina vén determinada pola secuencia na que se engaden os obxectos. Pódese arranxar a orde de amontoamento con Forma - Dispor.

As áreas das capas que non conteñen obxectos son transparentes.

O Draw do LibreOffice proporciona tres capas predefinidas:

Non é posíbel eliminar ou renomear as capas predefinidas. Pode engadir as súas propias capas en Inserir - Capa.

A capa Disposición é a área de traballo predefinida. A capa Disposición determina a localización do título, do texto, e os marcadores de posición da páxina.

A capa Controis pode usarse para botóns que teñan unha acción atribuída, mais que non deben imprimirse. Defina as propiedades da capa como non imprimíbeis. Os obxectos da capa Controis sempre están por diante dos obxectos doutras capas.

A capa Liñas de dimensión pode usarse para debuxar, por exemplo, as liñas de dimensión. Ao configurar a capa para que se mostre ou oculte, pode facilmente activar e desactivar estas liñas.

tip

Pódese bloquear unha capa para protexer o seu contido ou agochar unha capa e o seu contido da vista ou da impresión. Ao engadir unha capa nova a unha páxina, a capa engádese a todas as páxinas do documento. Porén, ao engadir un obxecto a unha capa, este só se engade á capa activa. Se desexa que o obxecto apareza en todas as páxinas, engada o obxecto á páxina principal (Ver - Principal).


Precisamos da súa axuda!