Montar obxectos 3D

Obxectos 3D por si mesmos forman unha escea 3D en que se poden combinar nunha única escea 3D.

Para combinar obxectos 3D:

  1. Insira un obxecto 3D (por exemplo, un cubo) a partir da barra de ferramentas Obxectos 3D.

  2. Insira un segundo obxecto 3D lixeiramente maior (por exemplo, unha esfera).

  3. Seleccione o segundo obxecto 3D (a esfera) e escolla Editar - Cortar.

  4. Prema dúas veces no primeiro obxecto (o cubo) para entrar no seu grupo.

  5. Escolla Editar - Pegar. Agora ambos os obxectos fan parte do mesmo grupo. Se quere, pode editar os obxectos individuais ou modificar a súa posición dentro do grupo.

  6. Prema dúas veces fóra do grupo para pechalo.

Icona Nota

Non pode facer a intersección de obxectos en 3D nin subtraelos.


Precisamos da súa axuda!