Axuda do LibreOffice 24.8
Pode combinar varios obxectos nun grupo para que funcionen como un único obxecto. Pode mover e transformar todos os obxectos dun grupo como unha unidade simple. Tamén pode modificar as propiedades (por exemplo, tamaño da liña, cor de recheo) de todos ou de cada un dos obxectos do grupo. Os grupos poden ser temporais ou asignados:
Temporais - O grupo só existe mentres todos os obxectos combinados estean seleccionados.
Asignados - O grupo mantense ata que se desagrupe a través dunha orde de menú.
Os grupos tamén poden agruparse noutros grupos. As accións aplicadas a un grupo non afectan á posición relativa de cada obxecto individual no grupo.
Seleccione os obxectos que desexa agrupar e escolla Forma - Agrupar - Agrupar.
Por exemplo, pode agrupar todos os obxectos do logotipo dunha empresa para movelo e redimensionalo como un único obxecto.
Tras o agrupamento dos obxectos, a selección de calquera parte do grupo implica a selección do grupo completo.
Pode seleccionar obxectos simples dun grupo entrando nel. Prema dúas veces nun grupo para entrar e, a seguir, no obxecto para seleccionalo. Desta mesma maneira é posíbel engadir ou eliminar obxectos dos grupos. Os obxectos que non fan parte do grupo fican agrisados.
Para saír dun grupo prema dúas veces en calquera lugar fóra del.