Crear gradacións de recheo

Un recheo de gradación é unha mestura de dúas cores diferentes que se vai incrementando, ou de sombras da mesma cor, que se pode aplicar a un obxecto de debuxo.

Para aplicar unha gradación:

  1. Seleccione un obxecto de debuxo.

  2. Escolla Formato - Área e seleccione Gradación como tipo de Recheo.

  3. Seleccione unha gradación da lista e prema en Aceptar.

Crear gradacións personalizadas

Pode definir as súas propias gradacións ou modificar as existentes, para alén de gardar e cargar unha lista de ficheiros de gradacións.

Para crear unha gradación personalizada:

  1. Escolla Formato - Área e prema na lapela Gradacións.

  2. Seleccione unha gradación da lista para utilizala de base para a nova gradación e prema en Engadir.

  3. Introduza un nome para a gradación na caixa de texto e prema en Aceptar.

    O nome aparece no final da lista de gradacións seleccionada para editala.

  4. Defina as propiedades da gradación e prema en Modificar para gardala.

  5. Prema en Aceptar.

Utilizar gradacións e transparencia

Pode axustar co rato as propiedades dunha gradación e a transparencia dun obxecto de debuxo.

Para axustar a gradación dun obxecto de debuxo:

  1. Seleccione un obxecto de debuxo coa gradación que desexa modificar.

  2. Escolla Formato - Área e prema na lapela Gradacións.

  3. Axuste os valores da gradación ata que obteña o que necesita e prema en Aceptar.

Icona Suxestión

Para axustar a transparencia dun obxecto, seleccióneo, escolla Formato - Área e prema na lapela Transparencia.


Axúdenos, por favor!