Substituír cores

Coa ferramenta Contagotas pode substituír cores en mapas de bits.

Pode substituír ata catro cores simultaneamente.

Tamén pode utilizar a opción Transparencia para substituír as áreas transparentes dunha imaxe por unha cor.

Do mesmo modo, pode utilizar o Contagotas para converter en transparente a cor dunha imaxe.

Para substituír cores coa ferramenta Contagotas

Asegúrese de que a imaxe en uso é un mapa de bits (por exemplo, BMP, GIF, JPG, ou PNG) ou un metaficheiro (por exemplo, WMF).

  1. Escolla Ferramentas - Contagotas.

  2. Prema na icona Contagotas e coloque o apuntador do rato sobre a cor que desexa substituír na imaxe. Esta amósase na caixa situada ao lado da icona de contagotas.

  3. Prema na cor da imaxe. Móstrase na primeira caixa Cor de orixe e a caixa de verificación situada ao lado da cor márcase automaticamente.

  4. Seleccione a nova cor na caixa Substituír por.

    Icona Nota

    Esta acción substitúe todas as ocorrencias da Cor de orixe na imaxe.


  1. Para substituír outra cor mentres estea aberta a caixa de diálogo, marque a caixa de verificación situada diante de Cor de orixe na seguinte liña e repita os pasos do 3 ao 5.

  2. Prema en Substituír.

Icona Suxestión

Para expandir ou contraer a área de selección de cor, aumente ou diminúa a tolerancia da ferramenta Contagotas e repita a selección.


Precisamos da súa axuda!