Axuda do LibreOffice 24.8
Pode crear copias duplicadas ou múltiplas dun obxecto. As copias poden ser idénticas ou diferir en tamaño, cor, orientación e lugar.
O seguinte exemplo crea un conxunto de moedas realizando copias múltiplas dunha elipse simple.
Utilice a ferramenta Elipse para debuxar un elipse sólida amarela.
Seleccione a elipse e escolla Editar - Duplicar
Introduza 12 en Número de copias.
Para diminuír progresivamente o tamaño das moedas introduza un valor negativo para a Largura e a Altura.
Para definir unha transición de cores para as moedas seleccione unha cor nas caixas Inicial e Final. A cor Inicial aplícase ao obxecto que está a duplicar.
Prema en Aceptar para crear as copias.