Axuda do LibreOffice 24.8
Combinar obxectos de debuxo é semellante a agrupar obxectos, a diferenza é que non pode entrar no grupo para editalos individualmente.
Só pode combinar obxectos 2D.
Seleccione dous ou máis obxectos 2D.
Escolla Forma - Combinar.
A diferenza dos obxectos agrupados, os combinados asumen as propiedades do obxecto inferior na orde de amontoamento. Pode dividir obxectos combinados, mais perderanse as propiedades orixinais do obxecto.
Cando combina obxectos, móstranse ocos nas áreas onde se sobrepoñen os obxectos.
Na ilustración, os obxectos non combinados están á esquerda e o os obxectos combinados, á dereita.
Pode construír formas se aplica as ordes Formas - Fusionar, Subtraer e Intersección a dous ou máis obxectos de debuxo.
As ordes de forma só funcionan en obxectos 2D.
As formas construídas asumen as propiedades do obxecto inferior na orde de amontoamento.
Seleccione dous ou máis obxectos 2D.
Escolla Forma e unha das opcións seguintes:
Fusionar
Subtraer
Intersección.
Nas seguintes ilustracións, os obxectos orixinais están á esquerda e as formas modificadas á dereita.
Engade a área dos obxectos seleccionados á área do obxecto inferior na orde de amoreamento.
Subtrae a área dos obxectos seleccionados da área do obxecto inferior na orde de amoreamento.
A área de sobreposición dos obxectos seleccionados crea a nova forma.
Elimínase a área externa da sobreposición.