Definir cores personalizadas

Configure cores personalizadas e engádaas á paleta de cores Personalizada.

Para definir unha cor personalizada:

  1. Escolla Formatar - Área, prema na lapela Área e prema o botón Cor. Móstrase unha táboa coas cores da paleta predeterminada.

    Icona Aviso

    As cores personalizadas gárdanse na paleta de cores Personalizado.


  2. Prema nunha cor da táboa que sexa semellante á que desexa definir. Pode seleccionar a cor semellante de calquera das paletas de cores dispoñíbeis na zona Cores á esquerda das Cores recentes na lista que hai embaixo da táboa de cores. A cor aparece na caixa de visión previa Nova que hai á dereita da caixa de diálogo.

  3. Prema no botón Escoller para abrir o diálogo Escoller unha cor.

    Icona Nota

    O LibreOffice só emprega o modelo de cores RGB para imprimir en cores. Os valores RGB da cor seleccionada móstranse por debaixo das caixas de vista previa.


  4. Prema no botón Engadir para engadir a cor personalizada á paleta de cores Personalizado. Aparece unha caixa de diálogo que pide que se introduza un nome para a cor. Introduza un nome único para a nova cor dentro de todos os nomes de cores existentes na paleta de cores Personalizado.

Icona Suxestión

Para retirar unha cor da paleta de cores Personalizado, seleccione a paleta de cores Personalizado na zona Cores, seleccione a cor que desexa eliminar e prema Eliminar.


Precisamos da súa axuda!