Axuda do LibreOffice 25.2
Cada obxecto situado no seu documento está enrimado sucesivamente sobre o obxecto anterior. Para reorganizar a orde na morea dun determinado obxecto seleccionado, proceda da seguinte maneira.
Prema no obxecto ao que lle quere mudar a súa posición.
Escolla
para abrir o menú de contexto e escoller unha das opcións de disposición:Traer ata a fronte sitúa o obxecto enriba do resto
Traer cara adiante move o obxecto unha posición cara adiante no conxunto de obxectos
Enviar cara atrás move o obxecto unha posición cara atrás no conxunto de obxectos
Enviar para atrás sitúa o obxecto detrás do resto
Detrás do obxecto sitúa o obxecto detrás do obxecto que seleccione
Prema no obxecto ao que lle quere mudar a súa posición.
Escolla Detrás do obxecto. O apuntador do rato transfórmase nunha man.
para abrir o menú de contexto e escollerPrema no obxecto detrás do cal quere situar o obxecto seleccionado.
Prema na tecla Maiús e nos dous obxectos para seleccionalos.
Escolla Inverter.
para abrir o menú de contexto e escollaA función Aliñamento permite aliñar uns obxectos en relación aos outros ou á páxina.
Seleccione un obxecto para aliñalo á páxina ou seleccione varios obxectos para aliñalos uns aos outros.
Escolla
e seleccione unha das opcións de aliñamento.Se selecciona tres ou máis obxectos no Draw, tamén pode empregar a orde Distribuír selección para distribuír o espazamento vertical e horizontal uniformemente entre os obxectos.
Seleccione tres ou máis obxectos para distribuílos.
Escolla
.Seleccione a opción de distribución horizontal e vertical e prema en Aceptar.
Os obxectos seleccionados distribúense uniformemente ao longo do eixe horizontal ou vertical. Os dous obxectos máis extremos úsanse como puntos de referencia e non se moven cando se aplica a orde Distribución.