Axuda do LibreOffice 25.2
Insire unha capa nova ou modifica unha capa do documento. As capas só están dispoñíbeis no Draw, non no Impress.
Para seleccionar unha capa, prema na súa lapela na parte inferior do espazo de traballo.
Introduza un nome para a nova capa. Para renomear a capa, introduza o novo nome.
Os nomes de capa seguintes empréganse internamente e non poden ser redefinidos ou modificados: layout, background, backgroundobjects, controls, measurelines. As capas
layout, controls e measurelines son visíbeis na vista normal e corresponden coas capas predefinidas Layout, Controis e Liñas de dimensión, respectivamente.
A capa backgroundobjects é visíbel na vista principal baixo o nome de Obxectos de fondo.
A capa background nunca está visíbel e non é para ser usada.
Para renomear a capa directamente, prema na lapela da capa co botón dereito abaixo, seleccione
no menú de contexto e introduza o novo nome na lapela.Introduza o nome da capa.
Introduza unha descrición da capa.
Indique as propiedades da capa.
Mostrar ou agochar a capa.
Ao imprimir, imprimir ou ignorar esta capa en concreto.
Evita que se editen os elementos desa capa.