Axuda do LibreOffice 25.2
Ao abrir unha consulta en que xa non hai táboas ou campos, aparece a caixa de diálogo Falta un elemento. Esta caixa de diálogo identifica a táboa ou campo que falta e que non se pode interpretar e permite decidir como continuar o procedemento.
Hai tres opcións dispoñíbeis para responder a esta pregunta:
Permite abrir a consulta na Vista de deseño aínda que falten elementos. Esta opción tamén permite indicar se se desexa ignorar outros erros.
A consulta ábrese na visualización de deseño (a interface gráfica). As táboas que faltan aparecen baleiras e os campos non válidos aparecen cos seus respectivos nomes (non válidos) na lista de campos. Isto permítelle traballar cos campos que causaron o erro.
Permite abrir o deseño de consulta no Modo SQL e interpretar a consulta como SQL nativo. Só se pode saír do modo de SQL nativo cando a instrución de LibreOffice for completamente interpretada (só posíbel se as táboas ou campos empregados na consulta existe realmente).
Permite cancelar o procedemento e especificar que a consulta non debe abrirse. Esta opción corresponde á función do botón da caixa de diálogoCancelar.
Se seleccionou a primeira opción e aínda desexa abrir a consulta na visualización de imaxes a pesar de que falten elementos, pode especificar que outros erros ignorar. Así, no proceso de abertura actual non se mostrará ningunha mensaxe de erro se non é posíbel interpretar de forma correcta a consulta.