Consultas

Unha «consulta» é unha vista especial dunha táboa. Unha consulta pode mostrar rexistros escollidos ou campos escollidos dentros dos rexistros; tamén pode ordenar eses rexistros. Unha consulta pódese aplicar a unha táboa ou a varias, se estiveren ligadas por campos de datos en común.

Para acceder a esta orde...

In a database file window, click the Queries icon.


Empregue as consultas para atopar rexistros das táboas de datos con base en determinados criterios. Todas as consultas creadas para unha base de datos aparecen na entrada Consultas. Debido a que esta entrada contén as consultas da base datos, tamén se coñece como «contedor de consultas».

Imprimir consultas

Para imprimir unha consulta ou táboa:

  1. Abra un documento de texto (ou un documento de folla de cálculo se prefire as funcións de impresión específicas deste tipo de documento).

  2. Abra o ficheiro da base de datos e prema na icona Táboa se desexa imprmir unha táboa, ou prema na icona Consulta se desexa imprimir unha consulta.

  3. Arrastre o nome da táboa ou consulta para o documento de texto ou folla de cálculo abertos. Ábrese a caixa de diálogo Inserir columnas da base de datos.

  4. Decida que columnas = campos de datos desexa incluír. Tamén pode premer no botón Formato automático e seleccionar o tipo de formata correspondente. Peche a caixa de diálogo.

    A consulta ou táboa inserirase no seu documento.

  5. Imprima o documento, escollendo Ficheiro - Imprimir.

tip

Tamén pode abrir a vista de fonte de datos (Ctrl+Maiús+F4), seleccionar a táboa da base de datos enteira na vista de fonte de datos (prema no recanto superior esquerdo da táboa) e arrastrar a selección para un documento de texto ou folla de cálculo.


Ordenar e filtrar datos

Permite ordenar e filtrar os datos nunha táboa de consulta.

Query Design

Con Deseño de consulta pode crear e editar unha consulta ou visualización.

Barra Deseño de consulta

Ao crear ou editar consultas SQL, utilice as iconas da barra Deseño de consulta para controlar a visualización dos datos.

Query Through Several Tables

O resultado da consulta pode conter datos de varias táboas no caso de que estean ligadas entre si polos campos de datos adecuados.

Formulating Query Criteria

Pode indagar que operadores e ordes pode utilizar para formular as condicións de filtraxe dunha consulta.

Executing Functions

Pode facer cálculos cos datos da táboa e almacenar os resultados das consultas.

Precisamos da súa axuda!