Recursos do Chart do LibreOffice

As gráficas permiten presentar os datos de maneira que se visualicen máis facilmente.

É posíbel crear gráficas a partir dos datos de follas de cálculo de Calc ou de táboas de Writer. A gráfica e os datos permanecen ligados cando forman parte do mesmo documento. Nese caso, a gráfica actualízase automaticamente ao alterar os datos da fonte.

Tipos de gráfica

Escolla entre as varias opcións de gráficas 2D ou 3D (por exemplo, gráficas de barras, de liñas e de accións). Os tipos de gráfica modifícanse rapidamente.

Formatado individual

É posíbel personalizar elementos individuais da gráfica (como eixes, etiquetas de datos e lendas) premendo co botón dereito do rato na gráfica ou usando as iconas das barras de ferramentas e as ordes do menú.

Precisamos da súa axuda!