Axuda do LibreOffice 24.8
A Barra de Formatado móstrase cando unha gráfica está no modo edición. Dobre clic sobre a gráfica para introducir o modo de edición. Prema fóra da gráfica para deixar o modo edición.
Pode editar o formatado dunha gráfica usando os controis e iconas na Barra de Formatado.
Seleccionar o elemento da gráfica que quere formatar. O elemento queda seleccionado na previsualización da gráfica. Prema sobre Formatado de selección para abrir o diálogo de propiedades para o elemento seleccionado.
Abre o diálogo de propiedades do elemento escollido.
Abre o diálogo Tipo de gráfica.
Abre o diálogo Táboa de datos de gráfica, no que pode editar os datos da gráfica.
A icona Grades horizontais da barra de Formatado alterna a visibilidade da grade para o eixe Y.
Para mostrar ou ocultar unha lenda, prema Lenda Activar/Desactivar na Barra de formatado.
Reescala o texto da gráfica cando se lle cambie o tamaño á gráfica.
Move todos os elementos para a súa posición predeterminada dentro da gráfica actual. Esta función non altera o tipo de gráfica nin ningún dos outros atributos alén da posición dos elementos.