Axuda do LibreOffice 26.2
Nesta páxina do Asistente de gráficas pode cambiar o intervalo fonte de todas as series de datos por separado, incluídas as etiquetas. Tamén pode cambiar o intervalo das categorías, así como as propiedades das categorías, como as cores. Pode seleccionar primeiro o intervalo de datos na páxina Intervalo de datos e despois retirar todas as series de datos innecesarias de todas as celas.
Parece haber demasiadas opcións nesta páxina, defina só o intervalo de datos na páxina Asistente de gráfica - Intervalo de datos e ignore esta.
dispoñíbel para gráficas baseadas en táboas Calc ou Writer.
datos verá unha lista de todas as series de datos existentes na gráfica actual.
lista para organizar as series de datos.
engadir outras series de datos á entrada seleccionada. As novas series de datos son do mesmo tipo que a entrada seleccionada.
eliminar a entrada seleccionada da lista Series de datos.
Utilice os botóns de frecha cara a arriba e cara a abaixo para mover a entrada seleccionada na lista arriba ou abaixo. Isto non modifica a orde na táboa de orixe dos datos, só modifica a disposición na gráfica.
lista para ver e editar as súas propiedades.
Na caixa de lista Intervalos de datos verá os nomes do papel e os intervalos de celas dos compoñentes das series de datos.
os contidos na caixa de texto a seguir.
da caixa de texto indica o papel seleccionado.
prema en Seleccionar intervalo de datos para minimizar a caixa de diálogo e seleccionalo co rato.
Se desexa un intervalo de datos de varias áreas de cela que non sexan adxacentes introduza o primeiro intervalo e despois engada manualmente un punto e vírgula no final da caixa de texto e introduza os demais intervalos. Empregue un punto e vírgula como delimitador entre intervalos.
datos, como valores Y, non debe incluír celas de etiquetas.
intervalo de celas que se utilizará como texto para categorías ou etiquetas de datos.
Os textos mostraranse no eixe X ou como etiquetas de datos dependendo do tipo de gráfica.
Cada entrada de categoría pode ter unha cor de recheo e unha cor de bordo.
Pode editar as propiedades das cores de recheo e de bordo das categorías. As cores defínense cun intervalo de celas co mesmo tamaño que o intervalo da categoría.
Os valores das cores exprésanse cos seus compoñentes vermello, verde e azul (RGB) combinados pola función COR().
Os intervalos de datos para as cores de bordo e recheo só se poden especificar para as gráficas de columnas, barras, sectores, burbullas e columna e liña.
Prema na entrada Cor de recheo da lista.
Na caixa de selección Intervalo da cor de recheo introduza os intervalos de celas dos valores de cores de recheo das categorías.
Prema na entrada Cor do bordo na lista.
Na caixa Intervalo para cor do bordo, introduza os intervalos de cela dos valores de cor do bordo das categorías.
