Asistente de gráfica - Intervalo de datos

Abre a caixa de diálogo Intervalos de datos, onde se poden editar os intervalos de datos e as series de datos.

Nesta páxina do Asistente de gráfica pode seleccionar unha fonte simple do intervalo de datos. Este intervalo podería constar de máis dun intervalo de celas rectangular.

Icona Suxestión

Utilice a páxina Asistente de gráfica - Serie de datos se necesita máis control sobre os intervalos de datos.


Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Escolla Inserir - Gráfica - Serie de datos...

Prema dúas veces nunha gráfica e, a seguir, escolla Formato - Intervalos de datos

From the tabbed interface:

Escolla Inserir - Gráfica - Serie de datos...

From toolbars:

Icon Insert Chart

Inserir gráfica


dispoñíbel para gráficas baseadas en táboas Calc ou Writer.

Prema Maiús+F1 e apunte para un control para saber máis sobre ese control.

intervalo de datos

  1. Seleccione o intervalo de datos. Realice unha das seguintes accións:

    Introduza o intervalo de datas na caixa de texto.

    No Calc, un intervalo de datos de exemblo sería "$Sheet1.$B$3:$B$14". Fíxese que un intervalo de datos pode consistir en máis dunha rexión dunha folla de cálculo. Por exemplo, "$Sheet1.A1:A5;$Sheet1.D1:D5" tamén é un intervalo de datos válido.

    Un exemplo dun intervalo de datos externos sería 'file:///home/user/Documentos/Lista de prezos.ods'#$'Información SKU'.H51, como se describe en Referenciar unha cela doutra folla.

    No Writer, un intervalo de datos de exemplo sería "Táboa1.A1:E4".

    No Calc, prema Seleccionar intervalo de datos para minimizar a caixa de diálogo e arrastre sobre unha área de celas para seleccionar o intervalo de datos.

    Se desexa un intervalo de datos de varias áreas de cela que non sexan adxacentes introduza o primeiro intervalo e despois engada manualmente un punto e vírgula no final da caixa de texto e introduza os demais intervalos. Empregue un punto e vírgula como delimitador entre intervalos.

  2. series de datos en filas ou en columnas.

  3. datos ten etiquetas na primeira fila, na primeira columna ou en ambas.

Na previsualización pode ver como será o aspecto final da gráfica.

Intervalo de datos

Introduza o intervalo de celas que desexe incluír na súa gráfica. Para minimizar esta caixa de diálogo mentres selecciona o intervalo de celas no Calc prema o botón Seleccionar intervalo de datos.

Serie de datos en filas

As series de datos toman os datos das filas consecutivas do intervalo seleccionado. Para as gráficas de dispersión, a primeira serie de datos contén os valores de x de todas as series. As demais series de datos utilízanse como valores de y, un para cada serie.

Serie de datos en columnas

As series de datos toman os datos das columnas consecutivas do intervalo seleccionado. Para gráficas de dispersión, a primeira columna de datos contén valores de x para todas as series. As demais columnas de datos utilízanse como valores de y, un para cada serie.

Primeira liña como etiqueta

Para series de datos en columnas: A primeira fila do intervalo utilízase como nomes para as seriess de datos. Para series de datos en filas: A primeira fila do intervalo utilízase como categorías. As filas restantes abranguen a serie de datos. Se esta caixa de verificación non está seleccionada, todas as filas son series de datos.

Primeira columna como etiqueta

Para series de datos en columnas: A primeira columna do intervalo utilízase como nomes para series de datos. Para serie de datos en filas: A primeira columna utilízase como categorías. As columnas restantes abranguen as columnas de datos. Se esta caixa de verificación non está seleccionada, todas as columnas son columnas de datos.

Precisamos da súa axuda!

Precisamos da súa axuda!