Axuda do LibreOffice 24.8
Na primeira páxina do Asistente de gráfica pode escoller un tipo de gráfica.
Escolla un tipo de gráficabásico: prema en calquera das entradas etiquetadas Columna, Barra, Sector, etc.
O contido situado á dereita mudará para ofrecer máis opcións dependendo do tipo de gráfica básico.
Opcionalmente, prema en calquera das opcións. Ao modificar a configuración no asistente, observe a previsualización no documento para ver como será o aspecto da gráfica.
Prema Maiús+F1 e sitúese sobre un control para ver un texto de axuda estendido.
Prema Finalizar en calquera páxina do asistente para pechalo e crear a gráfica utilizando a configuración actual.
Prema Seguinte para ver a seguinte páxina do asistente ou prema nas entradas situadas á esquerda do asistente para ir a esa páxina.
Prema Atrás para ver a páxina anterior do asistente.
Prema Cancelar para pechar o asistente sen crear unha gráfica.