Axuda do LibreOffice 25.8
Na primeira páxina do Asistente de gráfica pode escoller un tipo de gráfica.
As gráficas XY na súa forma básica baséanse nunha serie de datos que consiste nun nome, nunha lista de valores ‑x e nunha lista de valores ‑y. Cada par de valores (x|y) móstrase como un punto nun sistema coordenado. O nome da serie de datos está asociado con valores ‑y e móstranse na lenda.
Escolla unha gráfica XY para as seguintes tarefas de exemplo:
escalar o eixe X
xerar unha curva paramétrica, por exemplo, unha espiral
debuxar a imaxe dunha función
explorar a asociación estatística das variábeis cuantitativas
É posíbel que a gráfica XY teña máis dunha serie de datos.
Pode escoller unha variante da gráfica XY na primeira páxina do Asistente de gráfica ou escollendo para unha gráfica en modo edición.
A gráfica créase coa configuración predeterminada. Unha vez rematada, pódense editar as súas propiedades para lle cambiar a aparencia. Os estilos de liña mais as iconas pódense cambiar na páxina da lapela Liña da caixa de diálogo das propiedades da serie de datos.
Prema dúas veces en calquera punto de datos para abrir a caixa de diálogo
. Nesta caixa de diálogo pódense cambiar moitas propiedades da serie de datos.Para gráficas 2D pódese escoller
para activar que se mostren as barras de erro.Pode activar que se mostren as liñas de valores medios e as liñas de tendencia empregando ordes do menú Inserir.
Cada punto de datas represéntase cunha icona. O LibreOffice emprega iconas predeterminadas con formas e cores diferentes para cada serie de datos. As cores predeterminadas configúranse en .
Só puntos
Esta variante debuxa liñas rectas desde un punto de datos ata o seguinte. Os puntos de datos móstranse por iconas.
A orde de debuxo é a mesma que a orde na serie de datos. Marque Ordenar por valores X para debuxar as liñas na orde deses valores. Esta orde só se aplica na gráfica e non nos datos da táboa.
Só liñas
Esta variante mostra puntos e liñas ao mesmo tempo.
Puntos e liñas
As liñas móstranse como fitas. Os puntos de datos non se mostran a través de iconas. Na gráfica finalizada escolla Visualización 3D para definir propiedades como a iluminación e o ángulo de visualización.
Liñas 3D
Escolla Suave no menú despregábel Tipo de liña para debuxar curvas no canto de segmentos rectos.
Prema en Propiedades para configurar os detalles das curvas.
Escolla En chanzos no menú despregábel Tipo de liña para debuxar liñas que vaian subindo en chanzos de punto en punto no canto de segmentos rectos.
Prema en Propiedades para configurar os detalles das curvas.
Hai 4 tipos de chanzos: