Tipo de gráfica de cotizacións

Na primeira páxina do Asistente de gráficas pódese escoller un tipo de gráficas.

Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Choose Insert - Chart - Chart Type...

From the tabbed interface:

Choose Insert - Chart - Chart Type...

From toolbars:

Icon Insert Chart

Inserir gráfica

Escolla Cotizacións


Gráficas de cotizacións

As gráficas amontoadas ilustran as tendencias de mercado dadas polo prezo inicial, prezo inferior, prezo superior e prezo de peche. Tamén se pode mostrar o volume da transacción.

Nas gráficas amontoadas é impotante a orde das series de datos. Os datos poden disporse como na seguinte táboa de exemplo.

A

B

C

D

E

F

1

Volume da transacción

Cotización de apertura

Baixo (prezo inferior)

Alto (prezo superior)

Cotización de peche

2

Luns

2500

20

15

25

17

3

Martes

3500

32

22

37

30

4

Mércores

1000

15

15

17

17

5

Xoves

2200

40

30

47

35

6

Venres

4600

27

20

32

31


Os valores de abertura, mínimos, máximos e de peche dunha fila forman xuntos unha unidade de datos na gráfica. O prezo de cotización da serie de datos consta de varias filas que conteñen tales unidades de datos. A columna que contén o volume da transacción constrúe unha segunda serie de datos opcional.

Dependendo da variante que escolla non necesita todas as columnas.

Variantes de gráfica de cotizacións

Escolla o tipo de gráfica Cotizacións na primeira páxina do Asistente de gráficas. Despois, seleccione unha das catro variantes.

Gráfica de cotizacións tipo 1

Baseado na columna baixa e alta, o tipo 1 mostra a distancia entre o prezo mínimo (baixa) e o prezo máximo (alta) cunha liña vertical.

Con base na columna baixa, alta e peche, o Tipo 1 mostra unha marca horizontal adicional para o prezo de peche.

Icona Gráfica de cotizacións tipo 1

Gráfica de cotizacións tipo 1

Gráfica de cotizacións tipo 2

Con base na columna apertura, baixa, alta e peche, o Tipo 2 xera a gráfica de barras tradicional. O Tipo 2 debuxa a liña vertical entre os prezos máis baixo e máis alto e engade un rectángulo por diante que visualiza o intervalo entre os prezos de apertura e de peche. Ao premer no rectángulo vese máis información na barra de estado. O LibreOffice emprega cores de enchido diferentes para os valores en alza (o prezo de apertura é inferior ao prezo de peche) e en caída.

Icona Gráfica de cotizacións tipo 2

Gráfica de cotizacións tipo 2

Gráfica de cotizacións tipo 3

Con base na columna volume, baixa, alta e peche, o Tipo 3 debuxa unha gráfica como a de Tipo 1 con columnas adicionais para o volume de transaccións.

Icona Gráfica de cotizacións tipo 3

Gráfica de cotizacións tipo 3

Gráfica de cotizacións tipo 4

Con base nas cinco columnas de datos volume, apertura, baixa, alta e peche, o Tipo 4 combina unha gráfica de Tipo 2 cunha gráfica de columnas para o volume de transaccións.

Debido a que a medida do volume da transacción pode ser "unidades", introdúcese un segundo eixe Y nas gráficas Tipo 3 e Tipo 4. O eixe do prezo móstrase á dereita e o eixe do volume á esquerda.

Icona Gráfica de cotizacións tipo 4

Gráfica de cotizacións tipo 4

Configurar a fonte de datos

Gráficas baseadas nos seus propios datos

Para cambiar a serie de datos dunha gráfica que teña os seus propios datos, escolla Táboa de datos da gráfica no menú Vista ou no menú de contexto da gráfica no modo de edición.

As series de datos organízanse por columnas nunha táboa de datos da gráfica incorporada.

Para unha gráfica de cotizacións nova empregue unha gráfica de columnas. Engada as columnas que precise e introduza os datos na orde que se mostra no exemplo omitido as columnas que non sexan necesarias para a variante desexada. Empregue Mover serie para a dereita para cambiar a orde das columnas. Peche a táboa de datos da gráfica. A seguir, empregue a caixa de diálogo Tipo de gráfica para cambiar a variante da gráfica de cotizacións.

Se xa ten unha gráfica de cotizacións e desexa modificar a variante, primeiro escolla como tipo de gráfica o de columna, engada ou elimine columnas para que se axuste á variante e, a seguir, transforme o tipo de gráfica de novo nunha gráfica de cotizacións.

Non escribir o nome da serie de datos nunha fila. Escríbao no campo enrriba do nome do papel.

A orde das filas determina como se dispoñen as categorías na gráfica. Empregue Baixar fila para cambiar esta orde.

Gráficas baseadas en táboas de Calc e de Writer

Pode escoller ou alterar un intervalo de datos na segunda páxina do Asistente de gráficas ou na caixa de diálogo Intervalo de datos. Para un axuste máis preciso, empregue a caixa de diálogo Serie de datos.

Para especificar un intervalo de datos realice unha das seguintes accións:

  1. Introduza o intervalo de datas na caixa de texto.

    de datos podería ser "$Sheet1.$B$3:$B$14". Teña en conta que un intervalo de datos pode consistir en máis dunha rexión nunha folla de cálculo, por exemplo, "$Sheet1.A1:A5;$Sheet1.D1:D5" tamén é un intervalo de datos válido. En Writer, un exemplo de intervalo de datos podería ser "Table1.A1:E4".

    LibreOffice mostra o texto en vermello mentres a sintaxe non sexa correcta.

  1. No Calc, prema Seleccionar intervalo de datos para minimizar a caixa de diálogo e arrastre para seleccionar o intervalo de datos. Os datos introdúcense ao soltar os datos. Prema Seleccionar intervalo de datos de novo para engadir un intervalo de datos. No campo de entrada da caixa de diálogo minimizada, prema despois da entrada e escriba un punto e vírgula. A seguir, arrastre para seleccionar o intervalo seguinte.

series de datos en filas ou en columnas.

Os datos da gráfica de cotización están "en columnas" se a información pertence á mesma "candea".

Axustar os intervalos de datos das gráficas de cotización baseadas na táboa

Pode organizar series de datos e editar a fonte das partes dunha serie de datos simple na terceira páxina do Asistente de gráficas ou na páxina Series de datos da caixa de diálogo Intervalo de datos.

Organizar series de datos

Na área serie de datos da parte esquerda da caixa de diálogo pódense organizar as series de datos da gráfica real. Unha gráfica de cotizacións ten, polo menos, unha serie de datos con prezos. Podería ter unha segunda serie de datos co volume das transaccións.

Se ten máis de unha serie de datos de prezos empregue as frechas para arriba e para abaixo para ordenalas. A orde determina a súa disposición na gráfica. Faga o mesmo para a serie de datos de volume. Non se poden trocar as series de datos de prezo e de volume.

Para retirar unha serie de datos selecciónea na lista e prema Retirar.

Para engadir unha serie de datos seleccione unha das series de datos existentes e prema Engadir. Obtén unha entrada baleira por debaixo da seleccionada que é do mesmo tipo. Se non ten series de datos de prezos ou series de datos de volume terá que seleccionar primeiro un intervalo para esas series na caixa de diálogo Intervalo de datos.

Configurar intervalos de datos

Na caixa de diálogo Intervalos de datos pode definir ou cambiar o intervalo de datos de cada compoñente da serie de datos seleccionada.

Na lista superior vese o nome da función dos compoñentes e os valores actuais. Ao seleccionar unha función pódese cambiar o valor na caixa de texto que hai debaixo da lista. A etiqueta mostra a función seleccionada.

Introduza o intervalo na caixa de texto ou prema en Seleccionar intervalo de datos para minimizar a caixa de diálogo e seleccionar o intervalo co rato.

Seleccione valores abertos, pechados, altos e baixos en calquera orde. Especifique só o intervalo para eses papeis que necesita para a variante escollida da gráfica amontoada. É necesario que os intervalos estean próximos aos outros na táboa.

Lenda

A lenda mostra as etiquetas para a primeira fila ou columna, ou para o intervalo especial que ten definido na caixa de diálogo Serie de datos. Se a gráfica non contén etiquetas, a lenda mostra texto como "Fila 1, Fila 2, ...", ou "Columna A, Columna B, ..." de acordo co número da fila ou a letra da columna dos datos da gráfica.

A lenda mostra o valor do intervalo introducido no campo Intervalo para o nome na caixa de diálogo Intervalo de datos. A entrada predeterminada é a cabeceira da columna do prezo de peche.

posición. Cando a gráfica estea finalizada pode especificar outras posicións no menú Formato.

Precisamos da súa axuda!