Tipo de gráfica de sector

Na primeira páxina do Asistente de gráfica pode escoller un tipo de gráfica.

Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Choose Insert - Chart - Chart Type...

From the tabbed interface:

Choose Insert - Chart - Chart Type...

From toolbars:

Icon Insert Chart

Inserir gráfica

E escolla Sectores.


Gráficas de sectores

As gráficas por sectores mostran valores como sectores circulares do círculo total. A lonxitude do arco ou a área de cada sector é proporcional a este valor.

Sector

Este subtipo mostra os sectores como áreas coloradas do sector total só para unha columna de datos. Na gráfica creada pode premer e arrastrar calquera sector para separalo do sector restante ou asocialo de novo.

Icona Gráfica de sectores

Gráfica de sectores

Sectores desprazados

Este subtipo mostra os sectores xa separados dos outros. Na gráfica creada pode premer e arrastrar calquera sector para movelo ao longo do eixo radial desde o centro do sector.

Icona Sectores desprazados

Sectores desprazados

Rosca

Este subtipo pode mostrar varias columnas de datos. Cada columna de datos móstrase con forma de rosca, cun buraco no medio, onde se pode mostrar a seguinte columna de datos. Na gráfica creada pode premer e arrastrar un sector externo ao longo do eixo radial desde o centro da rosca.

Icona Rosca

Rosca

Rosca desprazada

Este subtipo mostra os sectores externos xa separados dos outros. Na gráfica creada pode premer e arrastrar calquera sector para movelo ao longo do eixo radial desde o centro da rosca.

Icona Rosca desprazada

Rosca desprazada

Precisamos da súa axuda!