Axuda do LibreOffice 26.2
Mostra as últimas entradas da columna de datos agregados como sector «composto». O sector composto esmiúzase nunha gráfica de barras ou gráfica de sectores á dereita.
Este subtipo mostra unha gráfica de sectores á esquerda coas últimas entradas da columna de datos agregados nun sector «composto». O sector composto esmiúzase nunha gráfica de barras á dereita.
Empregue as gráficas de sectores compostos para realzar os valores máis pequenos da serie de datos. Ordene as series de datos de maneira descentente para así colocar os valores máis pequenos no final da serie compolos nunha cuña.
Barra de sectores
Este subtipo mostra unha gráfica de sectores á esquerda coas últimas entradas da columna de datos agregados nun sector «composto». O sector composto móstrase á dereita como outra gráfica de sectores.
Sectores compostos
Seleccione o número de entradas que desexe xuntar nunha cuña da gráfica de sectores orixinal. As entradas fúndense a partir do fin da serie de datos.