Axuda do LibreOffice 25.8
Na primeira páxina do Asistente de gráfica pode escoller un tipo de gráfica.
Unha gráfica de rede (ou de radar) mostra os valores dos datos como puntos conectados por liñas nunha grade que asemella unha tea de araña ou o monitor dun radar. As gráficas de rede resultan útiles para mostrar observacións multivariantes cun número de variábeis arbitrario.
Para cada fila dos datos da gráfica móstrase un raio no que se trazan os datos. Móstranse todos os valores de datos coa mesma escala para que todos os valores dos datos teñan a mesma magnitude.
Este subtipo soamente mostra puntos distribuídos nos eixos radiais.
Só puntos
Este subtipo mostra puntos distribuídos nos eixos radiais e liñas trazadas entre os puntos da mesma columna. As liñas debuxan un polígono.
Puntos e liñas
Este subtipo soamente mostra liñas trazadas entre valores da mesma columna. As liñas debuxan un polígono.
Só liñas
Este subtipo mostra puntos distribuídos nos eixos radiais e liñas trazadas entre puntos da mesma columna. As liñas debuxan un polígono colorado.
Cheo
As series de datos empíllanse e móstranxe en cada raio.
Na parte superior: mostra os valores dos datos de cada categoría uns por enriba dos outros.
Porcentaxe: mostra a porcentaxe relativa de cada valor de datos en relación co total da súa categoría.