Tipo de gráfica de Columna e barra

Na primeira páxina do Asistente de gráfica pode escoller un tipo de gráfica.

Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Choose Insert - Chart - Chart Type...

From the tabbed interface:

Choose Insert - Chart - Chart Type...

From toolbars:

Icon Insert Chart

Inserir gráfica

E escolla Columna ou barra.


Columna

Este tipo mostra unha gráfica ou imaxe de barra con barras verticais. A altura de cada barra é proporcional a este valor. O eixe X mostra categorías. O eixe Y mostra o valor para cada categoría.

Normal

Este subtipo mostra todos os valores de datos que pertencen a unha categoría ao lado da outra. O foco principal está situado nos valores absolutos individuais comparados cos demais valores.

Icona Normal

Normal

Amontoado

Este subtipo mostra os valores de datos de cada categoría na parte superior das outras. O foco principal é o valor da categoría xeral e a contribución de cada valor dentro da súa categoría.

Icona Amontoado

Amontoado

Porcentaxe acumulada

Este subtipo mostra a porcentaxe relativa de cada valor con respecto ao total da súa categoría. O foco principal é a contribución relativa de cada valor ao total da categoría.

Icona Porcentaxe acumulada

Porcentaxe acumulada

Vista en 3D

Pode activar unha visualización 3D dos valores de datos. O esquema "realistic" tenta atribuír a mellor aparencia 3D. O esquema "simple" tenta imitar a visualización de gráfica doutros produtos de Office.

Para gráficas 3D, pode seleccionar a forma de cada valor de datos a partir da Caixa, Cilindro, Cono e Pirámide.

Barra

Este tipo mostra unha gráfica de barra ou unha imaxe de barra con barras horizontais. A lonxitude de cada barra é proporcional a este valor. O eixe Y mostra categorías. O eixe X mostra o valor para cada categoría.

Os subtipos son os mesmos que para o Tipo de columna.

Precisamos da súa axuda!