Área de tipo de gráfica

Na primeira páxina do Asistente de gráfica pode escoller un tipo de gráfica.

Para acceder a esta orde...

From the menu bar:

Escolla Inserir - Gráfica - Tipo de gráfica...

From the tabbed interface:

Escolla Inserir - Gráfica - Tipo de gráfica...

From toolbars:

Icon Insert Chart

Inserir gráfica

Depois, escolla Área.


Área

As gráficas de área mostran os valores en forma de punto no eixe y. O eixe x mostra as categorías. Os valores y de cada serie de datos están conectados por unha liña. A área comprendida entre cada dúas liñas énchese cunha cor. O foco das gráficas de área é para enfatizar as modificacións no paso dunha categoría á seguinte.

Normal

Este subtipo traza todos os valores como valores y absolutos. Primeiro traza a área da última columna no intervalo de datos, despois da seguinte á última... e, finalmente, debúxase a primeira columna de datos. Desta maneira, se os valores da primeira columna son máis altos que outros valores, a última área debuxada oculta as demais áreas.

Icona Normal

Normal

Amontoado

Este subtipo traza os valores amontoados acumulativamente uns sobre os outros. Garante que todos os valores son visíbeis que non ningún conxunto de datos fica agochado polos outros. Porén, os valores de y xa non representan valores absolutos, excepto a derradeira columna que se debuxa no fondo das áreas amontoadas.

Icona Amontoado

Amontoado

Porcentaxe

Este subtipo traza valores de forma acumulativa sobrepostos entre si e cunha escala como porcentaxe do total da categoría.

Icona Porcentaxe

Porcentual

Precisamos da súa axuda!