Propiedades das liñas en escada

Nas gráficas que mostran liñas (tipo liña ou tipo XY) pode escoller mostrar curvas en vez de liñas rectas. Dispón de opcións que controlan as propiedades desas curvas.

Para acceder a esta orde...

No diálogo Tipo de gráfica dunha gráfica de liñas ou gráfica XY que mostre liñas, escolla En chanzos no menú despregábel Tipo de liña e a seguir prema no botón Propiedades.


Diferentes tipos de escada

Paso

Descrición

Start step icon

Comezar cunha liña horizontal e subir verticalmente en pasos cara o final.

End step icon

Subir en pasos verticalmente e rematar cunha liña horizontal.

Center X icon

Comezar cunha liña horizontal, subir en pasos verticalmente no medio dos valores de X e rematar cunha liña horizontal.

Center Y icon

Comezar subindo en pasos verticalmente no medio dos valores de Y, debuxar unha liña horizontal e rematar subindo en pasos verticalmente cara o final.


Precisamos da súa axuda!