Axuda do LibreOffice 25.2
Controla a colocación do eixe.
Seleccione onde cruzar os outros eixes: no inicio, no final, nun valor especificado ou nunha categoría.
Especifica que o eixe se coloca na primeira/derradeira marca. Isto fai que a representación visual dos puntos de datos comecen/rematen no eixe de valores.
Especifica que o eixe está colocado entre as marcas. Isto fai que a representación visual dos puntos de datos comece/remate a unha distancia do eixe de valores.
Seleccione onde colocar as etiquetas: preto do eixe, preto do eixo (do outro lado), iniciar fóra ourematar fóra.
Especifica se as marcas deben estar na parte interna ou externa do eixe. É posíbel combinar as dúas e, nese caso, poderá ver as marcas en ambos os lados.
Especifica que as marcas se coloquen na parte interior do eixe.
Especifica que as marcas deben colocarse na parte exterior do eixe.
Esta área utilízase para definir os trazos de marcación entre as marcas do eixe. É posíbel activar ambos os campos, e nese caso aparecerá unha liña de marcación desde a parte exterior cara a interior.
Especifica que as marcas de intervalo secundario deben colocarse na parte interior do eixe.
Especifica que as marcas de intervalo secundario deben colocarse na parte exterior do eixe.
Seleccione onde colocar as marcas: nas etiquetas, nos eixes ou nos eixes e nas etiquetas.