Aliñamento

Modifica o aliñamento do título.

Algunhas das opcións non poden aplicarse con todos os tipos de etiquetas. Por exemplo, existen opcións específicas para as etiquetas de obxectos 2D e 3D.

Para acceder a esta orde...

Escolla Formato - Título (Gráficas)


Rodar texto

Define a orientación do texto contido nas celas. Prema nun dos botóns ABCD para atribuír a orientación requirida.

Roda ABCD

A variábel de orientación de texto defínese ao premer en calquera lugar da roda. As letras "ABCD" do botón, correspóndense coa nova configuración.

Botón ABCD

Atribúe unha orientación de texto vertical aos contidos da cela.

Icona Nota

Se define unha etiqueta para o eixe X vertical, o texto pode cortarse pola liña do eixe x.


Graos

Permite inserir manualmente o ángulo de orientación.

Icona Nota

Se a gráfica ten un tamaño moi reducido, podería haber problemas ao mostrar as etiquetas. Para evitalo, aumente o tamaño da presentación ou reduza o tamaño do tipo de letra.


Axúdenos, por favor!