Formatado de selección

Formata o obxecto seleccionado. Dependendo do obxecto seleccionado, a orde abre caixas de diálogo que tamén se poden abrir escollendo as ordes seguintes do menú Formato:

Para acceder a esta orde...

Escolla Formato - Formatar selección (Gráficas)


Paredes da gráfica

Abre a caixa de diálogo Paredes da gráfica, onde pode modificar as propiedades o fondo da gráfica. Trátase do fondo "vertical" situado detrás da área de datos da gráfica.

Área da gráfica

Abre a caixa de diálogo Área da gráfica, onde pode modificar as propiedades da área da gráfica. A área da gráfica é o fondo situado detrás dos elementos da gráfica.

Base da gráfica

Abre a caixa de diálogo Base da gráfica, onde pode modificar as propiedades da base da gráfica. É a parte inferior das gráficas 3D. Esta función só é válida para as gráficas 3D.

Título

Modifica as propiedades do título seleccionado.

Lenda

Define os atributos de bordo, de área e de carácter das lendas.

Eixo X

Abre unha caixa de diálogo na que se poden editar as propiedades dos eixes seleccionados

Eixo Y

Abre a caixa de diálogo Eixe Y para cambiar as propiedades do eixe Y.

Grade

Abre a caixa de diálogo Grade para a definición das propiedades de grade.

Punto de datos

A caixa de diálogo permite cambiar as propiedades dun punto de datos seleccionado. A caixa de diálogo aparece cando só hai un punto de datos seleccionado ao escoller Formato - Formatar selección. Algunhas das entradas de menú só están dispoñíbeis para as gráficas 2D ou 3D.

Series de datos

Empregue isto para cambiar as propiedades dunha serie de datos seleccionada. Esta caixa de diálogo aparece cando se selecciona unha serie de datos ao escoller Formato - Formatar selección. Algunhas das entradas de menú só están dispoñíbeis para as gráficas 2D ou 3D.

Restaurar

Restaura os cambios feitos na lapela actual para os que se aplicaban cando se abriu este diálogo.

Precisamos da súa axuda!