Axuda do LibreOffice 25.2
Pode dividir os eixes en seccións asignándolles liñas de grade. Isto permite ter unha vista xeral da gráfica mellor, especialmente ao traballar con gráficas grandes. A grade do eixe Y principal está activada por omisión.
Define o eixe que se debe configurar como grade principal.
Agrega liñas de grade ao eixe X da gráfica.
A icona Grades verticais da barra Formato alterna a visibilidade da grade no eixe X. Troca entre tres estados: sen grade, grade principal e grade principal e menor. O cambio afecta as caixas de selección de Inserir - Grades.
Engade liñas de grade ao eixe Y da gráfica.
A icona Grades horizontais da barra Formato conmuta a visibilidade da grade para o eixe Y. Alterna entre os tres estados: sen grade, grade maior e grades maior e menor. O cambio afecta as caixas de selección de Inserir - Grades.
Engade liñas de grade ao eixe Z da gráfica. Esta opción só pode aplicarse ao traballar con gráficas en 3D.
Utilice esta área para atribuír unha grade secundaria a cada eixe. Esta atribución reduce a distancia entre as grades principais.
Agrega liñas de grade que dividen o eixe X en seccións máis pequenas.
Engade liñas de grade que dividen o eixe Y en seccións máis pequenas.
Engade liñas de grade que dividen o eixe Z en seccións máis pequenas. Esta opción só pode aplicarse ao traballar con gráficas 3D.