Axuda do LibreOffice 25.2
Empregue esta caixa de diálogo para definir algunhas opcións dispoñíbeis para determinados tipos de gráfica. O contido da caixa de diálogo Opcións varía co tipo de gráfica.
Nesta área, pode escoller entre dous modos de escala do eixe Y. Só é posíbel escalar os eixes e dotalos de propiedades de maneira separada.
Esta opción está activada como predefinida. Todas as series de datos están aliñadas no eixe Y primario.
Modifica a escala do eixe Y. Este eixe só é visíbel se ten polo menos unha serie de datos atribuída e se o modo de visualización do eixe está activado.
Defina nesta área a configuración da gráfica de barras. Os cambios aplícanse a todas as series de datos da gráfica, non só aos datos seleccionados.
Define, en porcentaxe, o espazamento entre as columnas. O espazamento máximo é de 600%.
Define a configuración necesaria para sobrepor series de datos. Pode escoller entre -100 e +100%.
Nas gráficas de columnas "amontoadas" e "porcentuais" (barra vertical), marque esta caixa de verificación para conectar as capas de columna asociadas ás liñas.
Se nunha gráfica de barras se mostran dous eixos e hai series de datos ligados ao primeiro eixe, mentres que outras series de datos están ligados ao segundo eixe, ambos os dous conxuntos de series de datos aparecen independentemente, sobrepóndose entre si.
Como resultado, as barras ligadas ao primeiro eixe Y fican agochadas parcial ou totalmente polas barras ligadas ao segundo eixe Y. Para evitar isto, active a opción de mostrar as barras de lado a lado.As barras de series de datos diferentes móstranse como se estiveren ligadas só a un dos eixes.
Dispoñíbel para as gráficas de sectores e de donut. O sentido predeterminado no que se ordenan os sectores dunha gráfica de sectores é o antihorario. Active a opción Sentido horario para debuxar os sectores no sentido contrario.
Arraste o puntiño polo círculo ou prema en calquera posición do círculo para definir un ángulo inicial dunha gráfica circular ou de dónut. O ángulo inicial é a posición matemática do ángulo na que se debuxa a primeira parte. O valor de 90 graos debuxa a primeira parte na posición das 12 horas. Un valor de 0 graos comeza na posición das 3 horas.
Nas gráficas de pizza e de rosca 3D creadas en versións anteriores do software, o ángulo de inicial é de 0 graos en lugar de 90 graos. Para gráficos 2D antigos e novos, o ángulo inicial predeterminado é 90 graos.
Ao cambiar o ángulo inicial ou a dirección, só as versións actuais do software mostran os valores cambiados. As versións máis antigas do software mostran o mesmo documento empregando os valores predeterminados: Sempre en dirección antihoraria e cun valor inicial de 90 graos (gráficas circulares en 2D) ou 0 graos (gráficas circulares en 3D).
Introduza o ángulo inicial entre 0 e 359 graos. Tamén pode premer nas frechas para cambiar o valor que se mostra.
Ás veces faltan valores nunha serie de datos que se mostra nunha gráfica. Pode seleccionar entre diferentes opcións como trazar os valores que falten. As opcións están dispoñíbeis só para algúns tipos de gráfica.
Para os valores inexistentes non se mostran datos. Isto é o predeterminado para os tipos de gráfica Columna, Barra, Liña, Rede.
Para os valores inexistentes o valor de Y móstrase como cero. Isto é o predeterminado para o tipo de gráfica Área.
Para os valores inexistentes móstrase a interpolación dos valores veciños. Isto é o predeterminado para o tipo de gráfica XY.
Marque isto para mostrar tamén os valores das celas agochadas dentro do intervalo de celas da fonte.
Non mostrar a lenda para a serie de datos ou punto de datos seleccionados.