Lenda

Abre o diálogo Lenda, que permite cambiar a posición das lendas na gráfica, así como indicar se se mostran as lendas ou non.

Para acceder a esta orde...

Escolla Inserir - Lenda (Gráficas)

Escolla Formato - Lenda - Posición (Gráficos)


Para mostrar ou ocultar a lenda, prema en Activar/Desactivar lenda na barra Formatado.

Icona

Activar/Desactivar lenda

Mostrar

Especifica se a lenda da gráfica debe mostrarse ou non. Esta opción só se visualiza se abre a caixa de diálogo escollendo Inserir - Lenda.

Posición

Seleccione a posición da lenda:

Esquerda

Coloca a lenda na parte esquerda da gráfica.

Superior

Coloca a lenda na parte superior da gráfica.

Dereita

Coloca a lenda na parte dereita da gráfica.

Inferior

Coloca a lenda na parte inferior da gráfica.

Orientación do texto

Esta funcionalidade só está dispoñíbel se a compatibilidade con disposición complexa de texto estiver activada en - Configuración de idioma - Idiomas.

Orientación do texto

Especifica a dirección do texto dun parágrafo que usa o esquema de texto complexo (CTL). Esta función só está dispoñible se o soporte de esquema de texto complexo está activado.

Axúdenos, por favor!