Títulos

Abre un diálogo para introducir ou modificar os títulos dunha gráfica.Pódese configurar o texto do título principal, do subtítulo e das etiquetas dos eixes e configurar se se mostran ou non.

Para acceder a esta orde...

EscollaInserir - Títulos (Gráficas)


Título

Introduza o título que desexe para a gráfica.Aparecerá na parte superior da gráfica.

Subtítulo

Introduza o subtítulo que desexe para a gráfica.Aparecerá debaixo do título configurado no campo Título.

Eixes

Eixo X

Introduza o título que desexe para o eixe X da gráfica.

Eixo Y

Introduza o título que desexe para o eixe Y da gráfica.

Eixo Z

Introduza o título que desexe para o eixe Z da gráfica. Esta opción só está dispoñíbel para as gráficas tridimensionais.

Eixes secundarios

Eixe X

Introduza o título secundario que desexe para o eixe X da gráfica. Aparecerá no lado oposto da gráfica do título do eixe X.

Eixe Y

Introduza o título secundario que desexe para o eixe Y da gráfica. Aparecerá no lado oposto da gráfica do título do eixe Y.

Precisamos da súa axuda!