Táboa de datos

Abre a caixa de diálogo Táboa de datos onde pode editar os datos da gráfica.

A caixa de diálogo Táboa de datos non está dispoñíbel se insire gráficas baseadas en follas de cálculo ou en táboas de Writer.

Icona Nota

Algúns cambios só se fan visíbeis despois de pechar e volver abrir a caixa de diálogo.


Para acceder a esta orde...

Escolla Ver - Táboa de datos da gráfica (Gráficas)

Na barra Formatado, prema en

Icona

Datos da gráfica


Prema Maiús+F1 e apunte para un control para saber máis sobre ese control.

Para modificar os datos da gráfica

Pode abrir a caixa de diálogo Táboa de datos para introducir datos ao crear gráficas baseadas en datos predefinidos ou ao copiar gráficas no documento. A gráfica responde aos datos nunha visualización instantánea.

Peche a caixa de diálogo Datos da gráfica para que se apliquen as modificacións. Escolla Editar - Desfacer se desexa cancelalas.

  1. Inserir ou seleccionar gráficas non baseadas en datos de cela existentes.

  2. Escolla Ver - Táboa de datos da gráfica para abrir a caixa de diálogo Táboa de datos.

    As series de datos están organizadas en columnas. A función da columna máis á esquerda é definir as categorías ou etiquetas de datos respectivamente. O contido da columna máis á esquerda sempre ten formato de texto. Pode inserir máis columnas para empregalas como etiquetas xerárquicas.

  3. Prema nunha cela na caixa de diálogo e modifique os contidos. Prema noutra para ver os contidos modificados na previsualización.

  4. Introduza o nome das series de datos na caixa de texto situada sobre a columna.

  5. Utilice as iconas situadas sobre a táboa para inserir filas e columnas. Só se poden introducir ou eliminar series de datos enteiras para series de datos con columnas múltiples.

  6. A orde da serie de datos da gráfica é a mesma que na táboa de datos. Empregue a icona Mover serie á dereita para trocar a columna actual coa súa veciña da dereita.

  7. A orde da serie de datos da gráfica é a mesma que na táboa de datos. Empregue a icona Baixar fila para trocar a fila actual coa súa veciña de abaixo.

Axúdenos, por favor!