Recursos de LibreOffice Calc

LibreOffice Calc é un aplicativo de follas de cálculo que se usa para calcular, analizar e xestionar datos. Tamén pode importar e modificar follas de cálculo de Microsoft Excel.

Cálculos

LibreOffice Calc ofrece unha serie de funcións (por exemplo, funcións estatísticas e financeiras) que pode utilizar para crear fórmulas que efectúen cálculos complexos cos datos.

Tambén pode utilizar o Asistente de funcións para crear fórmulas.

Cálculos de hipóteses

Un recurso interesante é a posibilidade de mostrar inmediatamente os resultados das modificacións feitas nun factor dos cálculos que comprenden varios factores. Por exemplo, ao alterar o período de tempo no cálculo dun empréstito poden verse afectadas as taxas de xuro ou as cantidades de amortización. Ademais, é posíbel xestionar táboas máis grandes usando distintos escenarios predefinidos.

Funcións de base de datos

Utilice follas de cálculo para dispor, almacenar e filtrar os datos.

LibreOffice Calc permítelle arrastrar e soltar táboas de bases de datos, ou usar as follas de cálculo como fontes de datos para crear cartas modelo en LibreOffice Writer.

Dispor os datos

Premendo unhas poucas veces no rato, pode reorganizar a folla para mostrar ou ocultar intervalos de datos específicos, formatar intervalos a partir de condicións especiais, ou calcular rapidamente subtotais e totais.

Gráficas dinámicas

LibreOffice Calc permite presentar os datos da folla de cálculo activa en gráficas dinámicas que se actualizan automaticamente ao modificar os datos.

Abrir e gardar ficheiro de Microsoft

Utilice os filtros de LibreOffice para converter ficheiros de Excel ou para abrilos e gardalos noutros formatos.

Axúdenos, por favor!